Que é PLATAFORMA
Plataforma. Festival de artes performativas naceu cun obxectivo: enriquecer e destacar a potencia cultural de Santiago de Compostela e toda a súa diversidade. Dende o seu nacemento en 2020, este obxectivo materializouse en cada edición, creando experiencias reais de comunicación entre o público e a cidade a través da arte. Cunha importante representación feminina e unha decidida aposta polo talento galego, Plataforma impúlsase ata a súa sexta edición, como un dos festivais de referencia da cidade e unha cita cultural imprescindible.
Plataforma. Festival de artes performativas é un festival especial, cunha natureza híbrida e atrevida. Nel conflúen diferentes propostas atravesadas pola idea da performatividade, que poderemos gozar entre o 2 e o 6 de setembro de 2026 en distintos espazos culturais e nas rúas e prazas da cidade de Compostela.
As actuacións que acolle Plataforma. Festival de artes performativas queren achegar a performance a todos os públicos, mostrando accións que habitualmente non teñen espazo nas programacións estables das institucións culturais.
A performance é un espazo de creación aberta no que domina a interacción e a comunicación co público. A súa característica principal é a necesidade de estar presentes para experimentala, o seu carácter é efémero e irrepetible. O que sucede no espazo-tempo da performance é unha experiencia artística que nunca volverá ter lugar da mesma maneira. Deste espírito irrepetible e provocador nútrense as diferentes propostas de artes vivas deste festival. Plataforma Santiago será, durante uns días, punto de encontro de artistas, performers, músicos, actores, bailaríns, coreógrafos, e público participante, nunha experiencia compartida e de vangarda chea de posibilidades estimulantes.
Plataforma converte Santiago de Compostela nun escenario vivo, no cal os propios habitantes, a súa diversidade e a súa rica contorna son protagonistas especiais, fomentando un espazo de igualdade e integración social e orientándose sempre á sustentabilidade das súas propostas en consonancia cos Obxectivos de desenvolvemento sostible e a axenda 2030.
PROGRAMA
Mércores 2 de setembro
Taller de performance con Ana Gesto
10:00 h
Centro Sociocultural Santa Marta
Algo se cruza en las palabras al escavar bajo los pies (2026-2029)
18:30 h
Sala Agustín Magán
Makers itinerantes
20:30 h
Observatorio Astronómico Ramón María Aller
Xoves 3 de setembro
Taller de performance con Ana Gesto
10:00 h
Centro Sociocultural Santa Marta
Venres 4 de setembro
Taller de performance con Ana Gesto
10:00 h
Centro Sociocultural Santa Marta
Sábado 5 de setembro
Domingo 6 de setembro
8 km en mula
12:00 h
Parque da Alameda. Estatua homenaxe a Federico García Lorca
Mostra de resultados do taller de performance de Ana Gesto
12:30 h

ARTISTAS
LOCALIZACIÓNS