Festa performativa. Mostra de resultados no taller
Nesta festa performativa poderemos gozar dos resultados do taller de performance Luz infinda. Os participantes e a artista Neves Seara crearán para nós un xogo de luz no espazo da galería Patio de luz. Aproveitaremos para facer unha festa moi especial.