Project Description

A propósito da exposición Línea rota de horizonte o domingo 30 de maio realizamos unha actividade para tomar conciencia sobre o papel da natureza que emerxe na cidade.

Consistiu na fabricación de bombas máxicas, que conteñen sementes con importantes poderes: coidar, acompañar, xogar, transmitir alegría ou tranquilidade, etc.

As diferentes combinación de sementes leváronnos a imaxinar as posibles plantas que nacerán a partir delas e a poñerlles nomes extraordinarios.

Como broche final, levamos a cabo unha deriva urbana conxunta, durante a que lanzamos estas bombas nos diferentes alcorques da zona onde moi cedo crecerán.

Qr Azul, aquí se encuentran:

Acompañantis Girasoliforme Cocinarofilia

Superplantis Tranquiliforme Bonitafolia

Jugaris Comeriforme Dormifolia

Creadas por Isis, Guillermo y Paulo.