Project Description

Adriana Pazos Ottón

Adriana Pazos Ottón

DOMINGO 13 DE SETEMBRO – 11.30 H

Parque de Belvís

Taller de performance para nenos e nenas por Adriana Pazos Ottón

Aforo limitado
Reserva

Instalación performática: labirintos portátiles

Territorios da infancia: Acción e diálogos coa arquitectura do parque de Belvís. Entorno estético e contexto lúdico.

Tips: Espazos de xogo, alterar a paisaxe, apropiación, territorios e desprazamento, eu e o mundo natural, Land Art.

Metodoloxía da acción performática:

“As found”: Work + Play

“As found” supón establecer dentro do xogo creativo derivacións a partir de cada “cousa” atopada, que abren constantemente novas interconexións do atopado e novas procuras. Esta maneira de accionar, mirar e operar sobre os resultados atopados leva consigo un xogo aberto con libre movemento e a posibilidade de intercambiar as partes.

A acción da actividade xerase partindo de módulos despregables unitarios para concibir mediante a construción un sistema complexo, habitable e interconectado creando un labirinto, portátil, mutable e intercambiable en diálogo coa idea de labirinto.

Entorno estético e contexto lúdico

A instalación como proposta artística é unha instancia que invita a observar, a pensar, a dar novos significados ás cousas, manipular e transmutar. É aquí onde a arte dende a súa perspectiva contemporánea entra en diálogo cunha proposta estética e pedagóxica nun contexto relacional a través do xogo libre.

Creando novas ideas e narrativas: o labirinto

Interviremos o espazo do parque de Belvís por medio de arquitecturas efémeras construíndo un labirinto, invitándonos, por un lado, a reflexionar e resignificar; e por outro a percorrer, inmiscuirnos e incluso transformar o espazo que nos rodea, a construír e destruir; entrando no xogo simbólico “do como se” ou “se esto fose”.

A actividade invita ao xogo e a investigación, activando espazos, conectando a arquitectura propia do parque coa acción performatica de habitar, transcurrir, construír, e entrar en contacto co que nos rodea.

Referentes

A actividade foi pensada inspirándonos no labirinto do Parque de Belvís, e en consonancia creativa coa obra de Robert Morris, destacando as súas importantes contribucións ao Land Art, e tomando como exemplo a Escultura Labirinto de Pontevedra, baseada nun petroglifo en forma de labirinto, que se atopa na ría de Pontevedra, no monte de San Jorge de Marín.

Os petroglifos de Mogor, coñecidos popularmente como Labirintos de Mogor, son unha das estacións rupestres máis reproducidas e analizadas en toda Galiza (sendo quizáis a inscrición dun labirinto máis antiga en Europa Occidental, datable da Idade de Bronce).

A proposta concíbese entón con unha visión transversal que vincula a arte contemporánea, o espazo cultural e histórico de Galicia, facendo referencia no seu deseño e concepción a artistas de influencia clave, como Richard Serra e a súa obra Matter of time, así como na súa execución a Ernesto Neto e as súas intervencións no espazo, Giuseppe Penone e o seu interese no vínculo entre a humanidade e o mundo natural, ou o cuestionamento entre individuos e fronteiras, a reflexión e perspectiva crítica sobre territorios e desprazamentos de Tania Bruguera.

Participantes

Número de participantes: 9 prazas
Nenas e nenos de entre 8 e 16 anos.
Duración da actividade: 90 minutos
Lugar de encontro: Parque de Belvís – CIPX (Centro de Interpretación dos parques e xardíns de Compostela)