Project Description

Fotos Manuel G. Vicente

Taller para nenas e nenos con Adriana Pazos

DOMINGO 30 DE MAIO

17 h_Parque de Belvís

Nós divisor, planos no espazo: xogando co espazo visible das distancias

Actividade performativa para nenos, nenas e familias a cargo de Adriana Pazos Ottón.

Quen pode participar? Nenas e nenos de 6 anos en adiante. Os/as menores de 8 anos deben asistir acompañados/as dunha persoa responsable.
Prazas: 20 participantes.

Había unha vez un espazo tempo no que as distancias se convertían nun plano xeométrico, todos nos moviamos xuntos pero sen tocarnos, pero aínda que non podiamos ter contacto, o máis importante para avanzar era ter en conta a cada un dos que nos rodeaban.
Ocuparemos o parque de Belvís interactuando coa súa contorna e traballando nunha montaxe que retoma as propostas da artista Lygia Pape, creando unha acción que une corpo, espazo, coreografía e plástica.
Poñeremos en acción a performance convertida en xogo colaborativo e de equipo, ocupando o espazo a través dun dispositivo plástico que adaptaremos durante a actividade.

XOGO E EXPERIMENTACIÓN: Experimentando co dispositivo e as súas capacidades plásticas, o movemento, habitar o espazo, binomios acción-inacción.

ITINERARIOS EN ACCIÓN: Nesta acción performativa apropiarémonos do espazo urbano, percorrendo un itinerario circular que nos fará interactuar co lugar, tomar conciencia, modificar as formas de tránsito, e desautomatizar as distancias coas persoas e a nosa contorna.