Project Description

Akazie
Xoves 15 de xuño, 2023
23.00 h_Riquela Club
Akazie
Entrada libre ata completar aforo
Akazie é o nome baixo o que a artista Acacia Ojea (Vigo, 1994) exerce como DJ e selectora de contido musical maioritariamente enfocado na escena postclub, cun gran interese nos discursos máis próximos á música deconstruida e o ruído. Despois de estudar música clásica, graduarse en Belas Artes e especializarse en cinema experimental e electroacústica, Acacia desenvolve transversalmente proxectos vinculados ás artes sonoras e á linguaxe fílmica a través dun achegamento conceptual e investiga ao redor do impacto da dixitalización nas novas prácticas de música contemporánea e da arte intermedia.