Alejandra Balboa e Pavel Amílcar
Cuando le permito al cuerpo aquello que digo
Alejandra Balboa e Pavel Amílcar entrelazan a danza contemporánea e a música barroca na súa proposta Cando lle permito ao corpo aquelo que digo unha perspectiva artística sobre o sentido do gusto e a influencia do concepto sánscrito do rasa.
Sacando a lingua do sepulto, contemplando a boca como un lugar dende o que florecer, abríndonos ás consecuencias, así nace este diálogo íntimo e crudo, alonxándose da palabra para atoparse coa vibración, co xugo e o soprido.
Alejandra Balboa (Pontevedra) é creadora, intérprete e pedagoga en danza contemporánea. As súas obras sitúan o corpo humano na súa liberdade expresiva, explorando o movemento como medio espontáneo de comunicación que transmite tanto o individual como o colectivo. As súas creacións formaron parte de programas nacionais e internacionais. Foi premiada como mellor intérprete nos Certames DZM de Cáceres e no Certame Harria de Vitoria-Gasteiz coa súa peza Vertebrata.
Actualmente traballa como bailarina e asistente para a compañía Mariantonia Oliver en Mallorca, baila para a compañía Babirusa Danza de Santander e para a compañía galega Furia Sotelo como asistente na súa última produción.
Pavel Amílcar Pavel Amílcar (Cidade de México) é violinista e profesor de violín barroco no Curso de Música do Vallée da Bresle e no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Traballou con directores de renome como Jordi Savall (Le Concert des Nations), Gabriel Garrido (Ensemble Elyma), William Christie, Eduardo López-Banzo (Al Ayre Español), Pierre Hantaï (Le Concert Français), Jean Tubery (La Fenice) e La Fura dels Baus. Gravou con casas discográficas como Alia Vox, Mirar, Vanitas e Harmonia Mundi. É membro creador do ensamble Divina Mysteria.