Project Description
Berio Molina e Alejandra Pombo
Sábado 12 de setembro – 18 H
Igrexa da Universidade
Berio Molina e Alejandra Pombo.
Omnipresenza do tropicalismo
Coa colaboración de Xoán-Xil López
Agradecementos especiais a Rubén Ramos Balsa
Instrumentos propios e estranos: voz, tunicata, orinaco, bichería, palmadeiras… nunha contorna para deixarse levar pola emoción. Sempre empurrando a montaña na procura dunha emoción. Unha e outra vez reclamándoa para poñelo todo en chamas ao estilo de droga tropical: o carbón como piña colada, as cinzas froita da paixón e o gas, guaraná que nos manterá en trance ata o final. É que o que está máis aló das planicies non se pode saborear. Dame la mantequilla, tráeme la mantequilla, dame la mantequilla, tráeme la mantequilla, dame la mantequilla, tráeme dúas torradas ben molladas de manteiga para que se me pegue todo, todo, todo. Ese todo que se escapa e que é máis que a suma das súas partes. Nos fragmentos está o todo e non no todo os fragmentos: a sublimación do singular. O demais é cortiza chea de soidade que non alimenta a verdade.
Perdoade o baile.
Apertas