Álvaro Murillo e Alejandro Vega

Domingo 6 / 12:00 h

Parque da Alameda. Estatua homenaxe a Federico García Lorca

Dirección escénica: Álvaro Murillo
Cante: Alejandro Vega
Danza. 25 min

Álvaro Murillo e Alejandro Vega

8 km en mula

O corpo utiliza o movemento para contar unha historia de amor maldito. Unha crónica danzada dos feitos, unha versión flamenca da historia. Unha crónica de sucesos, un feito real acontecido a noite do 22 de xullo de 1928 que serviu de inspiración a Lorca para a súa obra Bodas de Sangre. Un amor prohibido nunha sociedade que mantén as aparencias. Unha forza instintiva que tende cara a unión irracional, opoñéndose, sen buscalo, á convención social. O día da súa voda, unha noiva fuxe co seu amante. O noivo ségueos e o desenlace ten lugar. Paco Montes e Paquita Cañada percorreron 8 quilómetros sen poder chegar á alba. Nesta ocasión, a peza preséntase xunto ao cantaor Alejandro Vega, cuxa interpretación en directo achega unha nova dimensión escénica ao espectáculo, reforzando o diálogo entre baile, cante e memoria.

Biografía:

Álvaro Murillo (Plasencia, 1995) comeza a bailar de adulto obtendo o título en Psicopedagoxía da Danza e Técnicas do Intérprete dirixido por Pablo Molero na Universidade de Extremadura. Dentro do programa formativo do Festival À Corps (Francia) recibe formación de coreógrafos como Imre Thorman (Butoh), Laurent Falguieras, François Chaignaud, Gaëlle Bourges e Boris Charmatz entre outros. Declárase autodidacta na súa forma de abordar a linguaxe flamenca xunto á danza contemporánea. En 2018 crea a obra El Barbero de Picasso, homenaxe a Morente e ao pintor malagueño, presentada no Teatro Nacional de Nairobi (Kenia) xunto a unha conferencia sobre a relación de África e o flamenco. En 2019 presenta 8 Km en Mula en Sofía (Bulgaria) a través do Instituto Cervantes. En 2020 crea a obra Flamencas, estreada no Festival Escena Patrimonio producido pola UNESCO. Tamén comeza a traballar para a compañía de circo, flamenco e danza Albadulake, no proxecto Serrana, participando no Festival de Teatro Clásico de Almagro e na Expo Mundial de Dubái. En xaneiro de 2023 FLAMENCO Futuro é seleccionado pola Fundación Paco de Lucía e o Centro Superior Música Creativa para o programa Flamenco Lab 2023.