Project Description

Fotos Manuel G. Vicente

Amaya González Reyes + Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela

MÉRCORES 26 DE MAIO

20.00_Praza do Obradoiro

Desfile entre tiempos. Performance de inauguración
Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela
Director: Casiano Mouriño
Presentador: Roberto Leal

Desfile entre tiempos

Facer un experimento coa Banda municipal de música de Santiago sen poder medir as consecuencias. Perderse (no) ensaio. Descoñecer o proceso. Soa unha trompeta. Alguén se move, algo sucede. Algo toca. Ondean bandeiras. Marchar. Marchar (se). Ir. Camiñar dun lugar a outro, ou ir, so coa música. Moverse. Mover(se). Seguir diferentes ritmos. Percorrer o espazo. Escoitar. Sentir. Cambiar de lugar, cambiar de sensación, cambiar de situación. Campás. Situacións mutantes, situacións cambiantes. Mirar arredor. Percorrer o espazo. Cruzar miradas, compartir tempo. Cruzar multitudes, delimitar percorridos. Compartir a escoita. Estar. Celebrar. Mudar(se). Revisitar o espazo. Cruzar a praza. Volver atrás sendo outro, desaparecer entre a multitude.

CV

Amaya González Reyes é Doutora en Estudos Literarios pola Universidade de Vigo e Licenciada en Belas Artes nas especialidades de escultura e pintura (Universidade de Vigo). Na actualidade traballa como artista plástica e visual. Realiza estancias de traballo e formación en Arteleku (San Sebastián), Museo Serralves (Porto) e Laboral Escena (Xixón) dentro do programa Mugatxoan, asistindo tamén a diversos talleres con artistas como Gabriel Orozco (Fundación Botín, Santander), Isidoro Valcárcel Medina (Facultade de Belas Artes, Pontevedra) ou David Lamelas (MARCO, Vigo) entre outros.

A súa obra foi meredora da bolsa de creación artística da Fundación Laxeiro de Vigo, a bolsa de produción do programa Mugatxoan e a Axuda á Produción Artística do Centro Cultural Montehermoso Kulturenea de Vitoria. Actualmente a súa obra, que podería definirse como interdisciplinar está presente en exposicións de arte contemporánea en centros de recoñecido prestixio (CGAC, MARCO, MAC, Círculo de Belas Artes, etc..) así como en numerosas coleccións privadas e/ou públicas, como no CGAC (Santiago de Compostela) ou o Museo de Arte de Santander (Cantabria).