Project Description

Fotos Manuel G. Vicente

Bárbara Bañuelos

MÉRCORES 2 DE XUÑO

20.00_Teatro Principal

Inventario, memorias de una aspiradora
Peza escénica

Inventario. Memorias dunha aspiradora.

Dende 1996 estiven recompilando obxectos (principalmente planos e de papel) que me fun atopando na rúa; elementos cotiáns, anacos que formaban parte de algo ou fragmentos de cousas de refugallo.
Inventario é unha investigación sobre a vida potencial dos devanditos obxectos, é un percorrido diferente por unha parte da memoria: da miña memoria individual e da memoria colectiva, polas cousas e a intuición. Un xogo posible que se despraza entre a ficción e a realidade.
O percorrido é inesperado, as relacións e conexións que se establecen non son premeditadas nin medidas e se despregan soas a modo de memoria expandida configurando unha procura non lineal. Unha xeografía emocional que abarca do supostamente insignificante ao máis esencial.
A presenza utilízase como un arquivo corporal que habita as propias vivencias e que, a partir de fragmentos autobiográficos, devolve certa memoria aos obxectos, creando un mapa de ramificacións eternas. Coma se de un rizoma se tratara, cada historia reprégase sobre si mesma multiplicada en infinitas, mantendo abertas as posibilidades da palabra para que se converta en ferramenta de acción.

CV

Bárbara Bañuelos_Formada, deformada y transformada entre Burgos, Madrid, Londres e Nova York compaxina o seu traballo escénico con proxectos musicais. Os seus procesos de investigación-creación teñen como punto de partida un eu autobiográfico que devén nun eu expansivo (un nós), onde conceptos como memoria, imaxinación, tempo, realidade-ficción se relacionan e se poñen en xogo para pensarse dende outro lugar; transitando entre o persoal e o social.
90db foi a súa primeira peza escénica coa que gañou o premio Injuve 2019. Con Inventario, memorias de una aspiradora xunto a centos de papeis e obxectos desbotados recompilados nos últimos anos, percorreu os chans de espazos escénicos e expositivos como o Musac, Artium, CaixaForum, Teatro Pradillo ou o Festival Escena Abierta.
Mi padre no era un famoso escritor ruso, un documental escénico é o seu traballo máis recente, unha reflexión sobre corpo e sufrimento mental que foi presentado no festival BAD, Festival Sâlmon, Mercat de les Flors, Festival IDEM, La Casa Encendida ou Artium entre outros espazos
Actualmente, está en proceso de creación do seu próximo proxecto: Hacer Noche un diálogo-reflexión sobre a verdadeira loucura contemporánea a través das palabras de Celine en  “Viaje al fin de la noche” que se estreará no Festival TNT.
Forma parte de Ju. grupo musical, que xurde como laboratorio de creación e composición e que se consolida co seu primeiro álbum en 2015 Poco Adrede Nunca y con un segundo en 2018 Todo y la cabeza. Ademais, é a voz, a cabeza e a man escarbadora de Elephant Pit, proxecto musical de versións  e co que ten percorrido salas nacionais, espazos efémeros e festivais non convencionais.