Project Description

Benxamín Otero

XOVES 16/05

20.00_Praza das Praterías

Coma un cento de paxaros

Performance concerto
Coro da Ra e Benxamín Otero
Director: Ramón Bermejo
Duración: 25 min
Acceso libre
Estrea absoluta

A idea do individuo como construción cultural choca directamente coa idea da colectividade. Nun momento actual no que o individualismo opera en todos os ámbitos, podemos observar que extrañamente existe unha homoxeneización cada vez maior nos gustos e intereses. Onde remata o individuo e onde comeza o colectivo?

A acción inaugural indagará a través dun concerto en movemento, en ideas como a formación do grupo, o número, a ocupación do espazo común. A través dun recitado continuo as persoas membros do coro identifícanse e recoñécense marcando un fito de unión que marca o inicio dun canto conxunto dende cada voz individual coma o voo dun cento de paxaros.

Titulado en Óboe e en Historia e Ciencias da Música, Benxamín Otero (Lalín, 1979) abre a súa experiencia como intérprete e compositor no terreo da música académica cara a outras sonoridades como a tradicional, o jazz ou as músicas do mundo, e tamén cara a outros ámbitos creativos como a poesía e a fotografía. Como compositor ten feito músicas para pezas audiovisuais, curtametraxes e documentais, traballado para diversas compañías teatrais e tamén varias obras de cámara e de gran formato para coro, banda e orquestra sinfónica.