Project Description

Patróns (12 pezas para frauta, clarinete, tuba e vibráfono sobre 12 pezas de Misha Bies Golas)

28 de XUÑO_20.30

Auditorio de Galicia

Benxamín Otero
Frauta: Antonio Taboada
Clarinete: José Luís Taboada
Tuba: Pablo Doval
Vibráfono: José Manuel Taboada

Das doce composicións que Misha Bies Golas logrou sacar ás superficies dos seus Patrones, Benxamín Otero entregouse, a posteriori, á delicada labor de musicar cada unha das formas xurdidas de entre a maraña desas xeografías téxtiles, en lugar de crear as liñas que o son impón.
Atopámonos, desta forma, ante unha dicotomía entre o carácter mecánico dos doce patróns e a sensibilidade absoluta que propicia a interpretación destes. Un punto intermedio entre a máquina como medio de reprodución e o home como xerador dunha obra única. Producir unha aura que individualiza a estampa reproducida
mecanicamente. A rendición da máquina fronte ao sensible.
Esta obra forma parte da mostra Sons improbábeis que pode verse no Auditorio de Galicia desde o 28 de xuño ata o 16 de outubro.