Project Description

Exposición de Carlos Garaicoa

07/05–09/06 2021

Fundación DIDAC

Línea rota de horizonte
Horario de martes a venres de 11 a 14 h y de 16 a 19 h (sábados previa cita)

Línea rota de horizonte é unha exposición protagonizada por unha instalación de grandes dimensións que establece un diálogo coas estruturas da cidade e a súa relación coa natureza, en moitos casos maltratada e descoidada ou, como neste caso, mutilada. A instalación de carácter performativo complétase con outras obras do artista que poñen en relación a natureza e a cidade.

Preocupado polas estruturas lingüísticas, sociais e artísticas sobre as que se “constrúe” a propia sociedade, Carlos Garaicoa examina os elementos que conforman ou constrúen a nosa contorna. Línea rota de horizonte é un reflexo de todo iso e narra a relación da natureza co espazo urbano Carlos Garaicoa sinala como constantemente estamos a ver esta fragmentación da natureza que acompaña á cidade, convertendo os espazos verdes en pequenas tumbas ou cemiterios arborizados.