Project Description

Fotos Manuel G. Vicente

Carme Nogueira

XOVES 3 DE XUÑO

18.30_Igrexa da Universidade

Desprazamento
Conferencia performativa

A súa proposta para Plataforma é unha conferencia performativa que toma forma de visita guiada e comeza no espazo onde se desenvolve: o conxunto arquitectónico da facultade de Xeografía e Historia e a Igrexa da Universidade. Tomará como punto de partida o Paraninfo da Universidade.

A visita guiada vai propoñer diferentes derivas que conecten o lugar con outras lecturas, sempre visibilizando a miña propia posición de suxeito. Non se pretende recoller un saber universal, enunciado dende un narrador neutro, invisibilizado, senón dende unha posición situada, conectando cunha liña de traballo que xa teño desenvolvido noutros proxectos previos.

Unha sorte de desprazamentos que nos guiaran dende o lugar físico polo paradoxo da historia das mulleres dentro da universidade.

CV

Na miña traxectoria artística traballei principalmente sobre os procesos da subxectivización e a función normalizadora dos espazos a través de procesos de investigación artística. As miñas preocupacións están relacionadas coa intimidade, o espazo público e doméstico, espazos urbanos e xénero. Grazas a dispositivos espaciais específicos e accións para o espazo público, intento activar a espectadores ou colaboradores nos proxectos. A través destas prácticas quero promover e provocar narrativas.
Algúns dos meus últimos proxectos específicos son Tenerife, (2020) para TEA comisariado por Catalina Lozano, Pinofranqueado por los niños, (Pinofranqueado y Cáceres, 2019) comisariado por Jorge Díez para Cáceres Abierto; Vida Gallega, (Madrid, 2018) comisariado por Tamara Díaz Bringas; Noticias Ordinarias del Norte, (Nuevo Baztán, Madrid, 2018) comisariado por Lola Hinojosa; A propósito de Alvão (Porto, 2017) en colaboración con galería Kubik; Citoyenneté I y II, (Montehermoso, Vitoria-Gasteiz, 2012 e Pavillon Vendôme, París, 2014) comisariado por Manuel Segade; Castillete, retablo minero, (Musac, León, 2012) comisariado por Leire Vergara, Bewegtcentrum, El centro en desplazamiento, (becada pola Fundación Botín, 2011) Porteños Intervenciones-Valparaíso (Chile 2010) comisariado por Jorge Díez; Rotterdamweg, (Rotterdam, 2009) e Nos Camiños, intervención específica nos terreos das fábrica de Álvarez, Vigo (2007) ou os dispositivos de sala para Anarchivos sida (Tabakalera 2016 e Centro Conde Duque 2017); para Archivacción (Bienal de Pontevedra 2010); para o Contenedor de Feminismos (Casa-Museo Emilia Bazán, Coruña e Vilagarcía, Bilbao e León 2009-2014) ou para a exposición Aquí y ahora! (Reacción-Erreakzioa, Gabinete Abstracto de Sala Rekalde, Bilbao 2008), entre outros.
Son licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e doutora pola Universidade de Vigo. Fun profesora asociada e investigadora nesta última universidade e becaria na Hochschule der Künste, en Berlín. Realizei  residencias en Bulegoa z/b (Bilbao 2017), PROGRAM (Berlín 2010 co soporte dunha Beca da Fundación Marcelino Botín Artes Visuales), Het Wilde Weten (Rotterdam 2009) e SecondRoom (Brussels, 2009, xunto con Dieuwertje Komen), entre outros.
Publiquei La representación como puesta en escena: para una teoría de la mirada (Alfons el Magnanim, Ed. Valencia, 2001) e coodirixín La trama rururbana, Centro Gallego de Arte Contemporáneo (2006 –2007), Santiago de Compostela, un proxecto de investigación con colaboracións de The Center For Urban Pedagogy (CUP), Sophie Hope, María Lois and Iria Sobrino, entre outros.