Project Description

Carmen Troubles

SÁBADO 25/05

11.00_NUMAX

Película
Duración: 53 min
Entradas á venda en numax.org
Estrea en Galicia e España

Dirección: Vasco Araújo
Intérpretes: Pilar Távora, Ana Maria Segovia Montoya, Beatriz Carrillo, Pastora Filigrana
Músicos: Júlia Manzano, António Fernández Motoya “Farru”, Absalon Motos
Música orixinal: Soy lo que soy, composta e interpretada por Antonio Fernández Montoya “Farru” e Júlia Manzano
Música: Carmen Suites n.º 1 e 2 de Georges Bizet, interpretada por Philharmonia Cassovia, (dir. por Alfred Walter) co permiso de Naxos
Produción: C.R.I.M.

A nova película de Vasco Araújo (Lisboa, 1975) Carmen Troubles, revisa o mito de Carmen, unha das óperas máis coñecidas do repertorio e que atravesa a tradición operística e o activismo feminista xitano. A partir da historia da ópera Carmen de Bizet, o proxecto analiza a imaxe estereotipada da muller xitana no século XIX e como se formou e perpetuou o enorme prexuízo que impera no imaxinario das sociedades occidentais e que constitúe unha forma de racismo máis ou menos inconsciente. Ao mesmo tempo, asistimos ao empoderamento das organizacións de mulleres xitanas españolas que buscan colectivamente defender e cambiar o que segue sendo a visión imperante das mulleres xitanas e as súas comunidades na actualidade. Na película entrevístase a Ana María Segovia Montoya (xornalista, responsable de comunicación da Fundación Secretariado Xitano), Pilar Távora (directora, produtora e guionista de cine, teatro e televisión e flamenco), Pastora Filigrana (avogada, cooperativista, activista, membro do Sindicato Andaluz de Traballadores e Traballadoras-SAT, feminista e mestiza xitana) e Beatriz Carrillo (Presidenta de Fakali, Federación de Asociacións de Mulleres Xitanas, parlamentaria no Congreso dos Deputados.)

Ao final da proxección terá lugar un coloquio entre o artista Vasco Araújo e a directora de cinema Margarita Ledo para falar da película.