Project Description

Caterina Silva

Mércores 14/06/2023

18:00_SGAE
Eco di corpi futuri
Instalación sonora / conferencia performativa
Duración: 40 min
Idea e realización: Caterina Silva
Composición musical: Andrea Koch
Esta presentación é parte dun work in progress comisariado por Anna Cestelli Guidi
Co apoio do Italian Council – Direzione Generale Creatività Contemporanea
Enti partner Fondazione MACTE, Termoli, Plataforma Festival, Santiago de Compostela, viaindustriae publishing, Foligno
Entrada libre ata completar aforo

Eco di corpo futuri é unha secuencia sonora, un ritual catártico, un intento de reescribir un período da historia italiana recente. Un coro de voces femininas pronuncia unha selección de declaracións públicas de políticos e homes de poder italianos relacionadas coa representación do universo feminino. A repetición destas frases obscenas convértese nun xeito de exorcizar a violencia e a indignación sufrida. A voz absorbe, elabora, reverbera, volve como fonte, rocha, furacán, montaña. E devólvenos o poder dunha voz plural que fala unha nova linguaxe coa que imaxinar e conformar un posible futuro.

Caterina Silva (Roma, 1983) é unha artista visual, vive e traballa entre Roma e Londres.
A través da pintura e a performance, investiga as conexións entre linguaxe e poder desde unha perspectiva silenciosa e antidiscursiva coa que eludir as estruturas canónicas de produción de significado e interrogar sistemas máis amplos de clasificación e control.
As súas mostras e performances téñense presentado en galerías privadas e espazos públicos como a Galleria Valentina Bonomo, Roma, Bosse&Baum Gallery, Londres, Rugby art gallery and museum, Rugby, UK, MACTE Digital, Fondazione MACTE, Termoli, Fondazione Spinola Banna, Poirino, Rita Urso-Artopia, Milán, Asia Culture Center, Gwangju, Centrale Montemartini, Roma, Artissima Present Future, Turín, Casa Testori, Milán, Rozenstraat a rose is a rose, Amsterdam, Oratorio di San Mercurio, Palermo, Galleria Riccardo Crespi, Milán. Realizou residencias en Cité des arts, París 2012; Rijksakademie van beeldende kunsten, Amsterdam 2014-2015; Asia Culture Center, Gwangju 2016; Nordisk Kunstnaarsenter Dale (NKD), Noruega 2018. En 2022 gañou a convocatoria de investigación do Italian Council na súa XI Edizione-Sviluppo dei talenti.

BringingOurContemporary