Project Description

cenlitrosmetrocadrado

Cenlitrosmetrocadrado

XOVES 10 DE SETEMBRO – 18.00 H

Auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago

[voces] Deseño PerformativoPresentación do futuro pavillón-plataforma de Cenlitrosmetrocadrado
Charla sobre tipografía performativa coa deseñadora María Ramos Conversa con Cenlitrosmetrocadrado, María Ramos e a concelleira de Acción Cultural Mercedes Rosón
Modera: David Barro

Aforo limitado
Reserva

Presentación do pavillón Plataforma

Entre os obxectivos do festival Plataforma está levar a performatividade a campos como a arquitectura e o deseño, coa idea de tender pontes entre estas disciplinas, as artes visuais e as artes vivas.

Un dos proxectos que caracterizará ao festival e que se viu truncado nesta edición pola actual situación sanitaria será a construción dun pavillón-plataforma, de carácter efémero que podería acadar a condición de permanente para a cidade se as súas condicións o permiten, na liña das construcións deseñadas para as exposicións universais a finais do século XIX e principios do século XX e das antigas Exposicións Rexionais Galegas que deixaron en Compostela edificios que se conservan aínda hoxe.

O primeiro pavillón-plataforma foi encargado ao estudio de deseño compostelán Cenlitrosmetrocadrado, cuxos deseñadores proxectaron unha instalación inspirada na idea dos tradicionais galiñeiros galegos que aínda hoxe se prodigan no espazos rururbanos da cidade de Santiago e nas hortas que se esconden nos trazados dunha cidade que aínda hoxe convive co mundo rural. Nesta charla, Cenlitrosmetrocadrado explicará a conceptualización do pavillón, os seus posibles usos e a súa versatilidade de cara a ser construído na edición do festival de 2021.

Cenlitrosmetrocadrado é un estudio de deseño e comunicación formado por Xavier Rilo, Ricardo Tubío e Javier Aliste que se constitúe coa intención de ofrecer un deseño de clara orientación humanista, que vaia máis alá da simple función práctica e que atenda tamén funcións de carácter emocional e social. Cunha identidade de marcado carácter atlántico desenvolve proxectos que van desde o gráfico, produto, espazos, ata a coordinación de equipos de traballo en ámbitos creativos.