Project Description

Fotos Manuel G. Vicente

Colectivo LAG, Pánico

VENRES 28 DE MAIO

17.30_Parque de Belvís
Colectivo LAG
Pánico
Performance. Estrea absoluta

Pánico narra a historia dunha época na que a sobre-información da pandemia COVID-19 afectou á poboación provocando unha histeria xeneralizada, un sementar o pánico que a moitas e moitos conduciu cara unha reformulación do seu estilo de vida. Florecer como símbolo de prosperidade, tanto individual coma colectiva. Florecer para sentirnos  plenamente vivos e capaces de superar calquera adversidade.

CV

Lara Buyo (A Coruña, 1993) e Ana Corujo (1993, Lugo) coñécense no ano 2011 en Pontevedra na Universidade de Vigo onde nace o ColectivoLAG.
Licenciadas en Belas Artes e con un Máster en Arte Contemporánea, dedican a súa traxectoria á arte de acción baixo unha liña que reivindica a igualdade na súa totalidade sen despegarse da cohesión que para elas supón a arte en parella.

O difuso límite entre vida persoal e profesional é a frase que nos une. Ao longo da nosa traxectoria xuntas temos defendido a arte en parella dando a entender que o que para algunhas persoas significa unha dinámica de traballo máis eficaz, para nós é, sen embargo, unha forma de definirnos.

O noso percorrido artístico foi sempre da man dunha temática feminista onde a ironía e a reivindicación teñen un grande protagonismo como ferramenta das nosas pezas.

Xeralmente o seu traballo execútase nun espazo urbano apoiadas polas escenografías sobrias pero con potente simbolismo, dando vida a unha coreografía de ritmos cíclicos que dialogan co poñer a proba a resistencia do corpo e da mente para crear un punto de inflexión que provoque no espectador unha nova toma de consciencia.