Project Description

Copiar a

XOVES 16 XUÑO

18.00_Fundación DIDAC

Conferencia performativa
Patricia Esquivias

Copiar a é unha conferencia performativa de Patricia Esquivias na que profundizará na investigación realizada para Copiar a Manuela, un proxecto iniciado por ela no 2020 sobre o traballo de Manuela Ballester arredor do traxe popular mexicano. Ballester viuse forzada ao exilio pola guerra civil e así foi como levou a cabo en México o traballo de investigación sobre o traxe popular que lle tería gustado desenvolver en España. A aproximación da artista a esta realidade preséntase, como é habitual no seu traballo, dunha forma prospectiva e aberta.

Tomando como punto de partida acontecementos, personaxes ou obxectos culturais, Patricia Esquivias fai visibles historias perdidas e relatos que discuten os argumentos oficiais e as canles hexemónicas de transmisión do coñecemento.

Ao finalizar a charla poderemos quedarnos copiando a Manuela.

Patricia Esquivias naceu en Caracas e creceu en Madrid. Formouse en Londres, (1997-2001) e ampliou os seus estudos en San Francisco (2005-2007). Expuxo os seus traballos de forma individual no Círculo de Belas Artes de Madrid, Langenhagen Kunstverein, Stacion Pristina, CA2 M Mostoles, MARCO Vigo, Hammer Museum, Museo Reina Sofía e White Columns. Participou en colectivas como Querer parecer noche, CA2 M; Arte y cultura en torno a 1992, CAAC; Ficciones y territorios. Museo Reina Sofía; When Things Cast Non Shadow, 5 th Berlin Biennial for Contemporary Art.