Project Description

Corpo en acción. Taller de performance.
Do mércores 7 ao venres 9 de xuño
10.30 h_Centro sociocultural de Santa Marta
Ana Gesto
Datas: Taller 7, 8 e 9 de xuño. Mostra de resultados 11 de xuño
Duración: 3 clases de 3 horas de duración + 1 día de mostra pública
Horario: 10.30 h a 13.30 h
Número de prazas: 10
A artista de performance compostelá Ana Gesto impartirá un taller teórico-práctico que desenvolverá as ideas de:
Tempo-Espazo-Presenza
Idea-Materia-Contexto-Proceso-Partitura
O corpo en acción actuará no espazo público da cidade, intervindo no cotiá e mostrando outras capas de realidade. O taller culminará nunha mostra pública dos resultados dentro do programa de Plataforma. Festival de artes performativas.
Prazas becadas polo festival Plataforma con acceso ao curso a través dunha carta de motivación dirixida a info@performa.gal.
Selección de propostas: Aberta ata o 20 de maio.
Ana Gesto (Santiago, 1978) estudou Belas Artes (2003-2008) na Universidade de Vigo e en San Carles de Valencia coa bolsa Sicue/Séneca. Becada pola SUG para estudos de Terceiro ciclo, Nova adxudicación e prórroga, 2009-2010. Formou parte do grupo de investigación “Resistencia e Materialización” da Universidade de Vigo dende 2008 a 2011. Impartiu obradoiros de arte de acción e artes visuais en varias galerías, museos e escolas. Ademais do seu traballo como performer participou en exposicións individuais e colectivas a nivel nacional e internacional. Como en Art d’Acción (Valencia, 2009), Epipiderme (Lisboa, 2011), Acción!MAD11 (Madrid 2011), Corporeidades Feministas en España (Costa Rica 2014), Alén dos xéneros MARCO/Auditorio de Galicia (Vigo e Santiago 2017), ROM Kunst+Arkitektur (Oslo-Noruega 2019), ViolenciaZero (Pontevedra, 2021). Memoria e terra, Recolectoras, (Lugo 2022) ou Mujeres Dadá de Ediciones Canibaal (Valencia, 2022).