Corpo Liminal

Domingo 6 / 18:30 h

Casa das Máquinas

Dirección: Alba González
Asistente de dirección: Ana Erdozain
Intérpretes: Ana Erdozain, Dácil González, Alba González, Laura L. Muñoz, Fran Martínez
Música: 33 Hz (Ana Erdozain e Alba González)
Vestiario: Laccia
Danza. 20 min

Corpo Liminal

Ábrego

Ábrego é un quinteto de danza contemporánea que explora a tensión entre a raíz e o vento como metáforas de aquilo que nos sostén e aquilo que nos transforma. A obra articúlase como unha deriva de corpos e un ritual colectivo, no que o equilibrio se constrúe de maneira compartida, en diálogo constante entre o estable e o mutable. A través do movemento, a materia e o son, corpo e espazo transfórmanse progresivamente, invitando ao espectador a habitar o cambio dende a pel, o oído e a memoria.

Biografía:

Corpo Liminal é un proxecto común no que se unen Ana Erdozain e Alba González, para desenvolver esta compañía de danza, nacida dende o desexo de crear e soster un espazo de investigación artística compartida, abordado dende unha mirada multidisciplinar. Dende 2016 desenvolven un proxecto continuado en comunicación, presentando as súas obras en diversos teatros, espazos independentes e festivais nacionais. O percorrido do proxecto iníciase cunha serie de pezas de autoría individual, entre as que se atopan: Punto de fractura, (Festival Danza_MOS no Centro Cultural Conde Duque, segundo premio en el III Certame DanzaXtrema), Glitter (Festival Surge Madrid 2019), Piel, o de cómo volver a pasar por el corazón (Miradas al cuerpo na Sala Lagrada, Festival Surge Madrid 2020, Sala Cuarta Pared no Festival Mover Madrid 2021, Ciclo Estrénate del CICUS de Sevilla); 12//04 (Teatro Pradillo en 2021); CASA / PIEL, (Residencias Atopémonos Bailando en Lugo, Festival Surge Madrid 2025); La brevedad del cuerpo (Dt Espacio Escénico 2023); Ábrego (Festival Mover Madrid 2025 na Sala Cuarta Pared, Ellas Crean C.C. Eduardo Úrculo); Cuerpo Acumulado, (Festival Surge Madrid 2024, crucero paraíso RPM, El Graner ) actualmente en creación.