Project Description
Cristina Balboa
Xoves 15/06
20.00_CGAC
Roland I feel you
Performance
Duración: 40 min
Entrada libre ata completar aforo
Roland, I feel you é unha acción performativa que fusiona palabra, música e movemento. Está concibido como un monodrama de desexo e música desde o gozo, a composición en tempo real, a intuición musical e a relación co público.
«Roland é un instrumento para o amor. Roland son eu, que o acendo e ti que les isto. Roland é un facilitador de encontros, unha necesidade absoluta de comunidade e afectos. Roland é unha ferida aberta, un conflito coa vida, unha contradición perpetua e unha procura de amor infinito. Roland é unha viaxe sonora entre o emocional do presente e o goce creativo co fin de compartirnos, de xerar complicidades e identificación, de recoñecernos como parte dun colectivo e achegar a nosa valiosa fraxilidade.»
Cristina Balboa é unha creadora galega que ten como motor a presentación escénica do absurdo cotiá na procura dun diálogo xeracional onde a palabra, a acción, a danza, o audiovisual e a música mestúranse na súa proposta artística. Investiga sobre a posibilidade de transformación social e persoal que ten a arte atravesando a súa obra con elementos narrativos que basculan entre a ironía, o humor, o hedonismo ou incluso a desesperación. Escribe desde o autobiográfico para xerar identificación co espectador reflectindo sobre a vida desde o cotiá e poñendo o seu corpo e experiencia como centro da dúbida sobre o que somos. As súas últimas creacións desde a súa Cía. Funboa Escénica son Technocracia (2020), O que segue (2019), Masa madre + sal marina (2018), Sushi Gratis (2015), Sigue Buscando (2013), Oiseau Rebelle (2011) e os monólogos Biolóxica (2013 ) e No me cuentes tu vida (2012). Realizou o Máster en Práctica Escénica e Cultura Visual da UCLM presentando a peza de Fin de Máster Lo que mejor hacemos en el escenario en el 2017. Actualmente é dramaturga residente no Centro Dramático Nacional.