Enésima

Domingo 6 / 20:00 h

Teatro Principal

Autoría: Bal Castro, Inés Santos
Dirección: Bal Castro, Inés Santos
Elenco: Bal Castro, Inés Santos
Escenografía: Enésima
Iluminación: Javier Castiñeira
Son: Babykatze, David Lois
Vestiario: Enésima
Música: Babykatze, David Lois
Danza-teatro. 50 min

Enésima

Transparentar

Transparentar é un espectáculo de danza-teatro que reflexiona sobre a xeración de cristal: é realmente fráxil ou transparente? Creado por Bal Castro e Inés Santos, artistas da xeración Z, combina poética corporal cun ton irónico para cuestionar a identidade xeracional, o esgotamento e o papel do sistema. Aborda temas como a incerteza do futuro, o sufrimento colectivo e a saúde mental, e propón que esta xeración non só expresa a súa vulnerabilidade, senón que tamén fai visibles as carencias sociais. A peza crea un espazo de diálogo interxeracional e transita entre o artificial, a introspección e a liberación.

Biografía:

Enésima é unha compañía de artes do movemento creada por Inés Santos e Bal Castro, tras formarse en teatro físico na  ESADg e en danza contemporánea en Oporto. Xorde como un espazo de experimentación corporal, sonora e escénica, centrado na vulnerabilidade e na investigación artística.

Desenvolve proxectos en colaboración con diversas entidades: Transparentar, co apoio de El Palacio. Residencias Artísticas y Acción Cultural, de Xixón, e do Colectivo RPM; HABITAR-me, creado para o festival Palcos Instáveis no Teatro Municipal do Porto; e Instinto desexo, actualmente en proceso, vinculado ao FIOT de Carballo e ao Colectivo RPM.