Project Description

Fotos Manuel G. Vicente

Estevo Creus

DOMINGO 30 DE MAIO

13.30_Parque de Belvís

Dicir o lugar/O lugar que non hai
Acción poética

dicir o lugar/ o lugar que non hai

Nin non deixar ver nin non ver deixar

Acción poético sonora en formato site-specific na que se indaga sobre os procesos de percepción e de significación. O significado como parásito dunha palabra que (é) un obxeto de seu, un lugar habitable.  (é) (é) (é). Dinámicas para a ocupación dun corpo que di.

E se todo é posible, por que falta?

CV

Estevo Creus Andrade (A Coruña, 1971) poeta, ten publicados os seguintes libros de poesía: Poemas da cidade oculta, Edicións Xerais de Galicia (1996); Areados, Diputación de A Coruña (1996); Teoría do lugar, Edicións de O Castro (1999); Decrúa, Edicións Espiral Maior (2003); Facer merzbau non ouposible? (libro de poesía e videocreación xunto a David Creus) Nonou Edicións (2007); O Libro dos Cans, Fran-Ouren Ediciones (2010); Balea2, Edicións Positivas (2011); O Lugar que non Hai, Chan da Pólvora Edicións (2018).  Gañador de diferentes premios de poesía, como o “Miguel González Garcés”, o “Fiz Vergara Vilariño” o “Eusebio Lorenzo Baleirón”, a súa obra aparece recollida nas principais antoloxías de poesía galega, entre as que se atopan: Defecto 2000, Letras de Cal (1999) a Tribo das Baleas, Edicións xerais (2001); Six Galician Poets, Colección New voices from Europe and Beyonds. Arc Publications (2016). Coordinador e tradutor do libro Dicir unha illa, do IV seminario internacional de tradución poética Illa de San Simón (Dep. Pontevedra, 2017). Membro, xunto a David Creus, do grupo “nonou edicións” impulsa e participa en numerosas accións ao vivo, performances e eventos multidisciplinares. Foi membro do grupo de teatro Talía, do Batallón Literario da Costa da Morte, da Editora de poesía Letras de Cal, da editora Retagarda Edicións, e de “Nonou-Catrineta Edicións en fachada”.