Project Description

Exposición de Pilar Albarracín

26/03–06/06 2021

CGAC

Accións peregrinas
Comisariado: David Barro, Mónica Maneiro, Iñaki M. Antelo

Pilar Albarracín é unha das creadoras claves na renovación das linguaxes artísticas en España. A artista sevillana despunta no panorama español dos anos noventa como pioneira na formulación de moitas das cuestións que se converteron en fundamentais nos anos seguintes, á vez que facía uso da fotografía, a performance ou a instalación, que entraban con forza nun escenario dominado nos oitenta pola pintura ou a escultura como medios fundamentais de expresión artística en España.

A exposición Accións peregrinas no CGAC recada algunhas das súas instalacións paradigmáticas como Muro de geranios (2005), Hormiga (2010/2021) ou Techo de ofrendas (2004) xunto a vídeos e fotografías que axudan a revelar a condición política e antropolóxica do seu traballo, así como o carácter lúdico e irónico das súas accións.