Project Description

Foro de Economía Circular Interdisciplinar Plataforma.
Martes 13 de xuño
16.00 h_Fundación DIDAC
Entrada libre
Neste ano 2023 Plataforma quere ampliar o seu radio de acción á comunicación e á proxección da economía circular e a sustentabilidade, e quere facelo da man dun novo patrocinador privado capaz de acompañar con complicidade o I+D e a formación en economía circular.
A partir do uso de neumáticos reutilizados facilitados por Signus Ecovalor e a complicidade da EASD Mestre Mateo levaremos adiante unha serie de accións que axuden a dar valor ao material e coñecer as súas posibilidades para o deseño industrial e de produto, procesos artesanais e artísticos, potenciando o seu carácter innovador. Tentaremos así, traballar coa complicidade dos profesores e alumnos da escola para desenvolver un mobiliario/escenario para a realización dunha serie de debates e ponencias nun Foro de Economía Circular interdisciplinar Plataforma