Foro Plataforma SIGNUS de economía circular

Venres 3 / 09:00 h

Centro Galego de Arte Contemporánea. CGAC. (Auditorio)

SIGNUS

Foro Plataforma SIGNUS de economía circular

O Foro Plataforma Signus de Economía Circular é un encontro interdisciplinar pensado para achegar ao alumnado das universidades, escolas e institutos de arte e deseño de Galicia os valores da economía circular.

Esta xornada que terá lugar o 3 de outubro no Auditorio do CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) está pensada principalmente para resaltar os valores da economía circular entre a xuventude facilitándolles aos futuros profesionais do deseño o coñecemento das posibilidades dos materiais que se están creando a partir do pneumático reciclado.

Durante este foro xerarase un encontro entre deseñadores, artesáns e artistas, e os futuros creadores que hoxe están en formación. A través das presentacións, os estudantes poderán achegarse a proxectos que teñen os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable no seu punto de mira, e a circularidade como unha das súas principais apostas.

Xunto a estas presentacións poderemos gozar dunha mostra de traballos realizados por artistas e deseñadores gañadores do Premio SIGNUS Creación desde la sostenibilidad e os alumnos da EASD Mestre Mateo con materiais proporcionados por SIGNUS Ecovalor.

Programa

9.00 – 9.15 h | Benvida
Recepción de participantes no hall do CGAC.

9.15 – 9.45 h | Presentación
Mónica Maneiro Jurjo – Codirectora de Plataforma, Festival de Artes Performativas.
Isabel López Rivadulla – Directora de Comunicación e Márketing de SIGNUS Ecovalor.

9.45 – 13.00 h | Relatorios: Arte, deseño e sustentabilidade
Joel Blanco
Belategui Regueiro
Frouma Atlantic Wood

13.00 h | Clausura

Frouma Atlantic Wood

Nesta intervención, Fran Millán presentará a traxectoria de Frouma Atlantic Wood, un obradoiro que recupera madeira de batea para transformala en pezas únicas. Compartirá como a memoria do material se une co coñecemento do oficio e co deseño contemporáneo, dando lugar a un proceso onde tradición e innovación conviven. A súa experiencia mostra como a artesanía pode ser motor de sostibilidade e circularidade sen perder identidade nin autenticidade.

Fran Millán é fundador de Frouma Atlantic Wood, obradoiro creado en Ribeira en 2022 tras unha ampla experiencia internacional no sector da ebanistería e contract. O seu proxecto aposta pola unión de tradición, deseño e sostibilidade, recuperando madeira de batea para darlle nova vida. En 2023, Frouma gañou o Premio Artesanía de Galicia coa peza Noray e en 2024 foi finalista na categoría de Emprendemento nos Premios Nacionais de Artesanía

Belategui Regueiro
Dar nova vida á materia: economía circular no universo Belategui Regueiro

Nesta charla contarán como converten materiais con historia como cámaras de bicicleta, lanas locais e fíos naturais en pezas téxtiles contemporáneas.
Dando unha nova oportunidade aos materiais cos seus teares, buscan prolongar o ciclo de vida de cada creación e deseñar pensando no futuro.

Belategui Regueiro achéganse por primeira vez ao tear en 1984, por inquedanza persoal: ese mundo encantoulles, e foron afondando nel ao lado de distintos mestres artesáns, investigando e traballando en proxectos individuais e colectivos ata que, en 2004, fundaron Belategui  Regueiro, facendo deste arte un medio de vida que lles apaixona e no que teñen depositadas todas as súas ilusións.

Belategui é o segundo apelido da nai de Óscar (ten polo menos sete máis desa liña) e Regueiro é o segundo apelido da nai de Luisa (que tamén ten outros sete da súa).
Entre os seus clientes atópanse firmas como Teresa Helbig ou Loewe.

Joel Blanco

Joel Blanco é artista e deseñador, e auto defínese como «membro inactivo da xeración Pokémon e experto en comida lixo». O seu traballo, profundamente influído pola cultura popular, móvese entre as artes visuais, o deseño e a investigación crítica. A súa práctica explora diferentes visións de futuro e o impacto da cultura de redes na nosa percepción do tempo.

A través de Business Serio, a empresa que co fundou, colabora con organizacións aplicando metodoloxías de deseño especulativo e visualización de escenarios de futuro para imaxinar novos mundos e tomar mellores decisións estratéxicas.

En 2022 foi recoñecido pola revista Forbes como un dos 40 futuristas máis influentes de España, e recibiu premios como o Neo2 Designers Awards (2020) e o Best of España – 34 talentos do deseño e a arte de AD (2022).

Actualmente é investigador no programa Universal Post-Planetary Design do The New Centre for Research & Practice e Director Curatorial de MAYRIT. É graduado en Deseño de Produto polo IED Madrid e Máster en Contextual Design pola Design Academy Eindhoven. En 2025 foi artista residente na Real Academia de España en Roma.