LN Performance de Francisca Aires Mateus

Sábado 24 / 12:30 h

Fundación DIDAC

Performance
Inauguración da mostra de Francisca Aires Mateus
Entrada libre

Francisca Aires Mateus

LN Performance

Resulta case imposible asimilar completamente un texto nunha lingua estranxeira. A tradución é un proceso que sempre altera o significado inicial. Cada vez que traducimos un texto o seu significado varía levemente. Nun intento de magnificar os pequenos cambios que sufre o texto na tradución, Francisca Aires Mateus gravou varias historias chinas antigas en cantonés, un chinés ancestral e vernáculo. Cada gravación foi despois cortada, separando as palabras que a artista volveu a organizar segundo a súa sonoridade e ritmo, desbotando a historia en si mesma e creando pezas sonoras. Finalmente estes textos foron traducidos ao inglés novamente. O reto para o espectador é entrar na idea do que significa a traducción e a transformación que acontece neste proceso.

Ás 12.30 horas, antes da inauguración, terá lugar a performance titulada LN Performance protagonizada pola propia artista. Nesta acción a artista lee un debuxo realizado por ela coma se fora unha partitura musical. Faino de abaixo a arriba, a través dos espazos que quedan entre liñas. Cada espazo equivale a unha nota atribuída segundo o seu tamaño. O texto é lido de esquerda a dereita.

Francisca Aires Mateus (Lisboa) é unha artista polifacética cun traballo que xurde da intersección entre as artes visuais e a música. Na súa obra utiliza linguaxes e prácticas mixtas como o debuxo, a performance, o vídeo e o son.

É licenciada en Pintura pola Facultade de Belas Artes da Universidade de Lisboa e en Violín polo Associated Board of the Royal Schools of Music, ten un máster en Fine Art Media pola University College London e recentemente finalizou os seus estudos de postgrao en Arte Sonoro na Universidade de Belas Artes de Lisboa.

Foi merecedora do Premio de Arte Edificio dos Leões (Santander), e en 2018, foi unha das gañadoras do concurso Portuguese Emerging Artists. Participou en diversas exposicións individuais e colectivas.