Project Description
Grace Schwindt
SÁBADO 18/05
18.00_CGAC
Strings
Performance
Duración: 40 min
Entrada libre ata completar aforo
Intérpretes: Grace Schwindt e Macarena Montesinos
Estrea absoluta
Strings é a peza coa que Grace Schwindt analiza o papel que a figura da moura desempeñou na construción do xénero feminino. O espazo performativo está ocupado por unha grande arpa construída a partir de seis cordas xigantes que se tensan. Unha intérprete, Macarena Montesinos, cun espazo sonoro especialmente deseñado para a ocasión, utilizará as cordas e o seu corpo para interpretar unha composición musical. O son tratarase coma un material a través do cal contar unha historia e desmitificar e deconstruir a figura da serea e a súa significación política.
Grace Schwindt (1979, Offenbach, Alemania) traballa con medios como o cine, a performance en directo, a escultura e o debuxo. Analiza o papel que desempeñan os corpos, a linguaxe e os obxectos na construción da historia e a memoria. As obras de Grace Schwindt presentáronse en museos e galerías, do mesmo xeito que en teatros e outros contextos escénicos. Entre as súas exposicións individuais máis recentes atópanse Defiant Bodies no Kunstmuseum St.Gallen, Suiza, en 2022-2023, Lacuna na galería Zeno X de Amberes en 2023, Your Movement no Kunsthal Gent, Bélgica en 2022, Five Surfaces All White no Centre for Contemporary Arts de Glasgow e In Silence no Rozenstraat – a rose is a rose is a rose en Ámsterdam en 2019. Ten realizado performances no Volksbühne en Berlín en 2019, M Leuven como parte de Playground en 2018 e 2013, no Robert Arts Institute en Londres e no Frascati Theatre en Ámsterdam en 2018, no Kaaitheatre como parte do Performatik en Bruxelas en 2017 e na Royal Academy of Arts como parte de Block Universe Performance Festival en Londres en 2016.