Project Description

Hugo Torres

Mércores 14/06/2023

20.00_SGAE
Baía Botánica
Conferencia performativa
Duración: 60 min
Entrada libre ata completar aforo

Hai dous anos Hugo Torres descubriu un aparato que lle permite traducir a pulsación vital das plantas en linguaxe musical. Agora decidiu falar con elas e escoitar o que teñen que dicirlle.
Baía Botánica é unha conversación entre dúas especies, unha experiencia sónica entre un ser animal que busca atopar o seu lugar no mundo e un ser vexetal que soamente busca o sol e a felicidade.

Hugo Torres (Viseu, Portugal) é actor, músico, compositor e director artístico.
Comeza a súa traxectoria aos seis anos na compañía Trigo Limpo de Tondela. Nos anos noventa trasládase a Oporto donde se licencia en Teatro/Interpretación na ESMAE (Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo).
Dende 1996 e ata o 2006 forma parte do elenco estable do Teatro Nacional São João de Oporto. A inicios do 2000 trasládase a Barcelona a estudar cine no CECC e dende 2007 vive en Santiago de Compostela onde funda a compañía Voadora da que foi director artístico con Marta Pazos ata o seu peche no 2022.

Conta cun Premio María Casares XVII á Mellor Música Orixinal por Tokio3.