Project Description

Inauguración Galería Plenairista

SÁBADO 18 XUÑO

12.00_Parque de Bonaval

Irene Grau e Alberto Odériz

A acción proposta consiste en transformar a galería nun espazo portátil; nunha galería ‘plenairista’ que, do mesmo xeito que facían os paisaxistas de finais do século XIX cargados cos seus bártulos de pintor, desprázanse na busca dun momento de luz imposible.

Galería plenairista parte de entender a galería como un cadro, pero tamén como un espazo de observación ou como un marco e de pensala como un artefacto permeable aos elementos; o vento, a choiva, o sol. Case como un reloxo solar. Unha galería que é á vez espazo de poder e de precariedade, estandarte do estable e o efémero. Que se monta e desmonta como quen arma e desarma un caballete pregable. Porque unha galería tamén pode ser pregable. E tamén pode ser un dispositivo portátil, como un daqueles cadros que debaixo do brazo dos pintores plenairistas facía un percorrido de ida e volta, saíndo do estudo en brando e volvendo cunha paisaxe contida na súa superficie. Unha ‘galería plenairista’ podería ser todo isto. Galería plenairista.

En colaboración coa Galería Nordés.

Irene Grau (1986, Valencia). Vive e traballa en Santiago de Compostela. Doutora en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia. En 2010 recibiu unha beca de Excelencia Académica e de 2011 a 2015 a beca FPU concedida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España para desenvolver os seus estudos de doutoramento.

Recoñecida nacional e internacionalmente por premios como Generaciones 2018, as Becas de Creación Artística no Extranxeiro Gas Natural Fenosa 2017 MAC e o Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas, A Coruña, o Premio Mardel Artes Visuales, o Premio PhotoEspaña Off Festival en 2015. En 2016 foi incluída na lista Forbes “30 Artists under 30 – Europe”.

Alberto Odériz

Arquitecto pola ESTSA de Barcelona (2008) e maestro en Análisis, Teoría e Historia da Arquitectura e da Cidade pola UNAM (2014).
Dende 2010 reside entre Navarra e Ciudad de México, donde combina o seu traballo como escultor con outras disciplinas, como a docencia (dirixe o seminario de investigación na Maestría en Vivenda e en Cidade en CENTRO e proxectos na Universidad Iberoamericana) e a codirección dun despacho de urbanismo (Consultorio Urbano con David Ortega).

Realizou traballos escultóricos arredor da temática da “La inexplicable roca”, explorando coa metodoloxía da arqueoloxía os diferentes acontecementos do presente para os que, pola súa condición tráxica, contestataria ou simplemente pola súa insignificancia, non estaba prevista a súa preservación. Entre os seus últimos proxectos e exposicións atópanse El Zócalo na Plaza de la Constitución de Ciudad de México (2014); Casa manifiesto, reconstrucción de la ideología de la primera casa funcionalista de O’ Gorman (2017); Salón ACME; Nueve(punto)ocho, en Lootlab, en colaboración con Nohbords (2018); “Dolmen, levantar la piedra”, en Mañeru, (Landarte, Programa de Arte y Ruralidad de Navarra 2018); Sierra del Perdón: Se buscan voluntarios para mover montañas en el Centro Huarte (2020) e Museo de Navarra (2021).