
Sábado 24 / 17:00 h
Centro Galego de Arte Contemporánea. CGAC. (Hall)
Performance
Estrea en Galicia
Entrada libre ata completar aforo
Itsaso Iribarren e Germán de la Riva
In between
In between é unha acción na que Itsaso Iribarren e Germán de la Riva comparten unha serie de esculturas que evolucionan segundo pasa o tempo. A peza materialízase nun formato en transformación, iniciando como unha instalación, derivando a unha peza grupal cunha dinámica lúdica de participación. Mutación, camiño, praxe ou límite son conceptos que sobrevoan esta proposta de contemplación e xogo.
Itsaso Iribarren (Pamplona) e Germán de la Riva (Santander) son artistas e investigadores. Douctores en Bellas Artes por la UCLM. Dende o ano 2006, o seu campo de traballo abarca tanto a creación artística como os procesos de investigación que nela se xeran. As súas obras viran en torno ao corpo en movemento e aos sistemas que o compoñen, profundando nas relacións con outros corpos, a tecnoloxía e as contornas urbanas nas que habitan. Buscan nas técnicas somáticas e na improvisación en danza metodoloxías e ferramentas que lles permitan xerar linguaxes híbridas entre as artes visuais e performáticas. Actualmente, Itsaso é profesora e Germán investigador na Facultade de Belas Artes de Cuenca. Nesta institución, desenvolveron durante os últimos anos unha serie de pezas escultóricas que son activadas polo corpo do performer. Son accións nas que o xogo e a habilidade producen un aumento de escoita e a autopercepción.