
Sábado 24 / 18:00 h
Centro Galego de Arte Contemporánea. CGAC. (Auditorio)
Performance Coa colaboración de Izar Okáriz Estrea en Galicia Entrada libre ata completar aforo
Itziar Okariz
Respiración oceánica
Esta obra constrúese a partir dun coro de respiracións. Ujjayi é un tipo de respiración que se utiliza na práctica do ioga. O sentido da palabra é “eu vitorioso”, e normalmente se traduce como respiración oceánica porque esa é a imaxe que evoca. A peza ten un carácter figurativo, entre o espazo abstracto do son da respiración e a imaxe que xera, coma se o signo e o sentido estivesen separados, fracturados.
Itziar Okariz traballa no ámbito da acción e a performance, cuestionando as formas de regular a linguaxe e a produción dos signos que nos definen. Entre os seus proxectos recentes inclúense a súa participación en exposicións na Fundación Museo Jorge Oteiza, Alzuza (2020), 13 Bienal de Shangai (2020), Perforated by (pavillón español da 58ª Bienal de Venecia, xunto a Sergio Prego, 2019), I Never Said Umbrella (Tabakalera, San Sebastián, 2018), Unha construción, é dicir, unha xerarquía de momentos, expresiva de certo concepto grande ou pequeno, abstracto esotérico (CA2M, Móstoles, 2018), Itziar Okariz (Kunsthaus Baselland, Basilea, 2017) e Dream Diary (Ars Parcours, Basilea, 2017). A Izar Ocariz gústalle ler, escribir, debuxar e practicar karate. Ambas viven en Bilbao.