
Domingo 6 / 18:00 h
Casa das Máquinas
Idea orixinal: Elena Castellanos
Asistencia creativa: Xián Martínez
Coreografía e interpretación: Elena Castellanos e Xián Martínez
Danza. 15 min
iXA
Ollos cara adentro / Barruranzko Begiradak
“O espírito do home que soña está plenamente satisfeito co que soña. A arrogante incógnita da posibilidade deixa de formularse. Mata, voa máis rápido, ama cando queiras.” [André Breton, 1924]
Tomando como punto de partida o universo do onírico, Ollos cara adentro pretende indagar na concepción surrealista do soño; ese lugar onde os límites da lóxica, a razón, a conciencia e mesmo a convencións do gusto rómpense permitindo abrir unha porta entre o mundo interior e exterior de cada individuo.
Biografía:
iXa é un proxecto cultural centrado nas artes do movemento, codirixido por Mariona Jaume e Xián Martínez. En iXa buscan crear espectáculos e proxectos de mediación centrados nas artes do movemento con dramaturxias accesibles que conecten co imaxinario colectivo e poñan o foco na conciencia social, fomentando desta maneira a democratización da danza para toda a cidadanía. Algunhas das súas principais propostas son Con/Sin/In-Tacto, Pioneiras, Yellow Lemon ou Xeración Z. Ollos cara adentro recibiu entre outros galardóns o Premio á Mellor Intérprete para Xián Martínez no Certame Coreográfico de Madrid, Premio a Mellor Intérprete para Elena Castellanos no Certame Coreográfico de Tetuán ou o Premio a Mellor Espectáculo en festivais e certames como Mudanzas, Certame Coreográfico de Sabadell, Santiago de Compostela ou Bucles València.








