Project Description

Fotos Manuel G. Vicente

Janet Novás.

VENRES 28 E SÁBADO 29 DE MAIO

19.30_CGAC, Salas de exposicións da planta baixa

Where is Janet?
Dirección, creación e intérpretación: Janet Novás

Acompañamento artístico: Ricardo Santana
Acompañamento sonoro: Pablo Esbert
OUtros acompañamentos: Riikka Laakso
lluminación: Cristina Bolívar
Produción:Manu Lago

Unha obra de Janet Novás co apoio do Festival Plataforma, La Caldera, El Granery, La Poderosa.

Venres 28 – estrea absoluta

Where is Janet?

Where is Janet? Xurde desta e de moitas outras preguntas en relación a un corpo que está cansado da exposición que require o escénico. Unha necesidade de reformular a práctica que veño desenvolvendo nos últimos anos relacionada co mundo dos afectos e a introspección, xogando cos límites do físico e o emocional. Un exercicio que require dunha entrega extrema, e que agora como consecuencia me esixe un cambio na maneira de seguir abordando a creación. Baixo esta “problemática” propóñome inverter a mirada, poñela afora e que o corpo se converta no observador da paisaxe. Propoñer lugares máis amables que me permitan seguir investigando nos temas que me interesan como a identidade, o enerxético ou o ritual. Partindo deste espazo de esgotamento xúrdeme o desexo de crear unha obra que xire en torno ao tema da curación e os coidados. Invitarme a habitar un universo sen esforzos, e deixar que se manifeste o baleiro, o silencio e aquelo que con tanto ruído deixaramos de percibir. Unha necesidade de achegarme ao esencial, ao que nos mantén vivos a pesar de todo.

CV

Bailarina e creadora galega, Janet Novás formouse en danza contemporánea entre Madrid, Bruxelas e Berlín. No ano 2008 comeza a crear e a desenvolver os seus propios proxectos. A súa obra constrúese dende a observación, a experiencia e o diálogo co seu corpo como principal ferramenta, apostando por unha linguaxe propia, moldeando o contido emocional a a sinxeleza estética que caracterizan os seus traballos. Dende os seus inicios como creadora Janet Novás contou coa colaboración do músico e compositor Haru Mori e o coreógrafo e performer Ricardo Santana. As súas creacións foron presentadas en prestixiosos festivais nacionais e internacionais como Rencontres Chorégraphiques, Festival de Marseille, Festival Nouvelles-PoleSud, Cement Festival, FIDCU (Montevideo), MOV_S, TNT Dansa, Festival de Otoño a Primavera, Escenas do Cambio e o Festival Bad entre outros.