Project Description
Jinete Último Reino FRAG. 1
SÁBADO 11 XUÑO
20.00_Teatro Principal
María Salgado e Fran MM Cabeza de Vaca
Jinete Último Reino FRAG. 1 concéntrase nunha viaxe imposible ao momento – de todo oculto na memoria – en que aprendemos a falar. A música, a poesía e a performance confórmanse como as vías de acceso a ese agora instante estético que non lembramos, pero que temos e nos contén.
María Salgado e Fran MM Cabeza de Vaca levarannos ao pasado no presente para reconstruir a infinitude, o azar e o contínuum da experiencia verbal dun momento tan estraño e gozoso como utópico. Reflashear as sensacións que imaxinamos, que sentimos naquel momento de plena inmersión no mundo/a lingua e no de diferenciación da nosa singularidade nela/el. Ao terminar a viaxe, unha nana convídanos e alértanos do perigo que vén inmediatamente despois.
María Salgado (1984) e Fran MM Cabeza de Vaca (1976) traballan xuntos en Madrid desde 2012. O seu proxecto común céntrase na idea de audiotexto como confluencia entre poesía, linguaxe, música, arte sonora e performance. Xuntos desenvolveron un importante corpus de obras: Hacía un ruuido (2012-2016), que explora o ciclo de desobediencia política global de 2011, e que tomou forma de libro (Frases para un film político, 2016), un disco, unha peza instrumental para ensemble, unha instalación sonora e unha peza escénica; e Jinete Último Reino (2017-…), que explora a desobediencia subxectiva e que así mesmo xerou unha peza instrumental para ensemble, carteis (Manifesto, 2018), partituras, unha peza de arte sonora para Radio Reina Sofía (Negro, 2016), unha instalación octofónica exposta en Tabakalera, o audiovideo Nana desta pequena era e a súa versión instalativa (Politics of life, WKV Stuttgart, 2020). A iso súmanse dúas obras escénicas dunha hora de duración: Frag. 3 e Frag. 2, presentadas en, entre outros espazos, o Mercat de lles Flors, o Museo Reina Sofía e o MACBA.