Project Description
Fotos Manuel G. Vicente
La Ribot, Pièce distinguée n°45
MARTES 1 DE XUÑO
18.00_CGAC, vestíbulo
La Ribot
Pièce distinguée n°45
19.30_CGAC, auditorio
Conversa entre La Ribot e Juan Loriente
Modera: Iñaki Martínez Antelo
As Piezas distinguidas son un concepto desenvolvido a principios dos anos noventa por La Ribot, fragmentando o seu discurso sobre a danza contemporánea nun novo formato coreográfico baseado na brevedade e enfocado a longo prazo, pois o seu propósito foi crear cen Piezas distinguidas ao longo da súa vida. A día de hoxe xa ten creado 53, tituladas, numeradas e presentadas en cinco series/espectáculos: 13 Piezas distinguidas (1993), Más Distinguidas (1997), Still Distinguished (2000), PARAdistinguidas (2011) e Another Distinguée (2016).
Pièce distinguée n°45 é a única Pieza distinguida que non pertence a unha serie/espectáculo. Nesta ocasión conta coa participación do actor Juan Loriente, con quen la Ribot ten colaborado dende 1993. Trátase dunha única acción, como unha morte anunciada, onde o acto de amar, a pulsión de morte e o xesto de pintar fúndense nun paradoxo: aquela que confronta a contemplación e a violencia.
CV
La Ribot (1962, Madrid. Vive e traballa en Xenebra, Suiza), é unha coreógrafa, bailarina e artista visual de fama internacional. As súas obras tense representado tanto en museos e galerías de arte como en teatros, dende a Tate Modern de Londres, ao MNCARS de Madrid, o Centre Pompidou ou o Théâtre de la Ville de París. É premio Nacional de Danza do ano 2000 e Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes de 2015, recoñecementos outorgados polo Ministerio de Cultura do Goberno de España, ademais de ter recibido en 2019 o Gran Premio Suízo da Danza. En outubro de 2020 recolleu o León de Oro na Bienal de Venecia de Danza.