Project Description

Fotos Manuel G. Vicente

Laia Estruch & Samesugas, Álbum Victòria

VENRES 4 DE XUÑO

20.00_Parque de Bonaval / CGAC
Laia Estruch & Samesugas
Álbum Victòria

Àlbum Victòria (2015) é un proxecto performativo que traduce a texto, voz e movemento un pequeno álbum de debuxos do pintor barcelonés Jordi Samsó Bastardas (1929-2008). Trátase dun exercicio libre de interpretación e translación do gráfico ao escénico, no que os debuxos abstractos cobran vida a través dunha posta en escena dentro do formato de concerto. Despois da súa actuación coa banda de post-hardcore Joliette en Cidade de México, nesta ocasión e especialmente preparada para Plataforma, Laia Estruch prepara unha colaboración especial coa banda de punk-rock compostelá Samesugas.

CV

Laia Estruch (Barcelona, 1981) vive e traballa en Barcelona. É Licenciada en Belas Artes pola Universitat de Barcelona. Estuda o seu último ano de licenciatura na universidade The Cooper Union (Nova York, 2010).
A súa práctica artística profunda na linguaxe do corpo explorando o comportamento intanxible da voz, os seus xestos e movementos, en relación co corpo físico, material e político do individuo. Interésalle traballar o concepto da voz como outro corpo en movemento, que pode xerar novos territorios.
Presentou os seus proxectos, entre outros lugares, no Macba, Barcelona (2012), Fundación Antoni Tàpies, Barcelona (2014), Centro Párraga, Murcia (2016), Chapelle des the Beaux-Arts, París (2017), en el CA2M, Madrid (2017), Museo Picasso, Barcelona (2018), Fundación Rafael Botí, Córdoba (2018), CentroCentro, Madrid (2019), Fundación Joan Miró, Espai13, Barcelona (2019), Festival Sâlmon de Barcelona (2020), Festival Grec / Creació i Museus (2020), Fundació Joan Brossa de Barcelona (2020), La Virreina Centre de la imatge de Barcelona (2020).
Colabora co programa educativo do Macba dende 2016 e participou no programa En Residencia, Creadores nos institutos de Barcelona (2016).