Project Description
Fotos Manuel G. Vicente
Lara Dopazo Ruibal
DOMINGO 30 DE MAIO
13.00_Parque de Belvís
Sesión vermú
Lara Dopazo Ruibal coa colaboración especial de Adriana Páramo Pérez
Tríptico Acción poética
ESTREA ABSOLUTA
Como descifrar o significado dunha escena que xa non existe?
Como establecer a fronteira entre o amor, o desexo e a morte?
Este Tríptico é un camiño no que a cada paso se formulan esas dúas preguntas e algunha outra arredor da imposibilidade de descifrar o que xa pasou e non existe; a incapacidade de separar o amor, o desexo e a morte cando os tres conflúen no mesmo corpo, no mesmo momento e no mesmo lugar.
Palabra e imaxe técense nunha escena que nunca máis volverá existir.
Lara Dopazo Ruibal, textos e voz.
Adriana Páramo Pérez, imaxe e vídeo. Lara Dopazo Ruibal (Marín, 1985) é poeta, autora das obras ovella, claus e o alacrán, Os lobos na casa de Esaú e O axolote e outros contos de bestas e auga, entre outras.