Project Description

Fotos Manuel G. Vicente

Loreto Martínez Troncoso + Elena Biserna

SÁBADO 5 DE XUÑO

13.00_Praza de Mazarelos
Para empezar ¡no me contradigas!
Un diálogo ventrílocuo

.

 

– Falar de si mesma, falar dunha mesma. Falar en primeira persoa e como muller.
– Que significa tomar a palabra? Quen ten dereito a tomala? Onde e como?
“Pero que hai de tan perigoso no feito de que a xente fale as mulleres falen e de que os seus discursos proliferen indefinidamente? Onde está por tanto o perigo? (Foucault, 1992)

Entre lecturas, conversacións, escoitas e xestos, Elena Biserna e Loreto Martínez Troncoso tecen o seu diálogo e nos abren as portas das súas prácticas. Elas sitúanse,utilizando o pronome “eu”, ao igual que dando as súas voces ás escritoras, pensadoras, artistas e outras mulleres que as habitan. Decidiron encerrar nun armario os libros dos homes para volver a mascar outras tomas de palabra. Escribíndoas e encarándoas, coas súas voces, facéndoas resoar nos seus corpos e as súas bocas, interrogan os silencios e os seus tatexos, escoitando os seus ecos, para xerar un espazo de auto-revelación, de recoñecemento, de reciprocidade e, ao fin, de acción.

CV

Elena Biserna é unha comisaria independente que vive en Marsella. É investigadora asociada en PRISM (AMU/CNRS) e TEAMeD (Universidad Paris 8). Os seus intereses están centrados na escoita e o contexto, as prácticas artísticas baseadas no tempo e a relación con dinámicas urbanas, procesos socioculturais, a esfera pública e política. Dou charlas en diferentes festivais e eventos. Os seus artigos e entrevistas teñen aparecido en múltiples publicacións internacionais e xornais. Co-comisaría as series La Membrane e co-edita a columna wi watt’heure de Revue & Corrigée de Revue & Corrigée con Carole Rieussec. Como comisaria, colaborou con múltiples asociacións e presentando os seus proxectos en diferentes contextos, como Manifesta 13, Marsella, Locus Sonus (Aix-en-Provence), La Friche la Belle de Mai, Marsella, soundpocket (Hong Kong), Sant’Andrea degli Amplificatori (Boloña), Cona Zavod (Ljubljana), Xing (Boloña), Saout Radio.

No seu traballo, Loreto Martínez Troncoso, utiliza esencialmente como materia prima a palabra, o acto de dicir, o seu tempo, o ritmo, o/seu silencio… e toma forma de <<tomas de palabra>> públicas, pezas sonoras, textos escritos e tamén intervencións no espazo. Ademais de colaboración con outros artistas, pouco a pouco o seu traballo foise abrindo a outras voces, ás voces dos outros, especialmente con Opereta A-Mar 2014, (Trafaria-Costa de Caparica, Portugal); Entre[hu]ecos, 2017 (Festival Escenas do Cambio, Santiago de Compostela) ou El eco de tu voz-l´echo de ta voix, 2018, (3BISF, Aix-en-Provence, Francia). Recentemente puidemos experimenciar as súas “escrituras” na performance Souffle(s) [delirios de (un) jardin), 2020 (ESTUDIO II, Museo Reina Sofía) ou na exposición persoal Vestiges d’un ici, vestixios de si, 2019 (CGAC, Santiago de Compostela); os seus suspiros e éclats en “Mutaciones: Vidas secretas”, 2018 (Museo Picasso, Buitrago del Lozoya); e/ as súas respiracións/expiracións na exposición Por dónde comenzar, si est-ce qu’il y a un commencement quelconque, 2017 (Galería PM8, Vigo), entre outras cosas.