Luz Arcas / La Pharmaco

Sábado 5 / 20:30 h

Teatro Principal

Danza. 55 min

Luz Arcas / La Pharmaco

Morphine. Nana para Emmy Hennings

A obra Morphine. Nana para Emmy Hennings concíbese como unha sorte de cerimonia de paso cara a estados alterados como o sono, a tolemia e o éxtase. Inspirada na poesía da creadora dadaísta Emmy Hennings, a peza é unha mestura entre a revelación mística, a devoción e o sacrilexio. Articulada en torno ao concepto do “corpo último”, a proposta explora as dinámicas do transo e do animismo, afastándose da danza convencional para achegarse a un exercicio de “non-baile”. No seu desenvolvemento escénico, entrelaza a súa memoria biográfica e familiar con elementos rituais andaluces e iconografía relixiosa popular mediterránea.

Biografía:

Luz Arcas (Málaga, 1983) é unha destacada bailarina, coreógrafa, directora de escena e autora do libro Pensé que bailar me salvaría. En 2009 fundou a compañía La Phármaco, coa que desenvolveu unha consolidada traxectoria internacional, destacando obras como Tierras raras (2025) ou Kristen / Tríptico de la prosperidad. A nivel institucional, coreografou para a Compañía Nacional de Danza, o Víctor Ullate Ballet e a ópera Rigoletto no Teatro Real. A súa faceta como directora abarca montaxes como Psicosis 4.48 (2023) ou Todas las santas (2024). Foi galardoada con varios premios, entre os que destacan o Premio Nacional de Danza de 2024, o Premio Godot 2023 ou o Premio El Ojo Crítico 2025.