Project Description
Marc Vives
Xoves 15/06/2023
18.00_CGAC
A festa
Performance
Duración: 60 min
Entrada libre ata completar aforo
A festa é unha peza en formato escénico que toma como punto de arranque unha conferencia de Roger Caillois do 1939 con título homónimo. Fragmentos do devandito texto, a súa lectura e relectura en voz interior e exterior, a procura dun lugar dentro do espazo, unha postura que propón unha emisión de voz, ou un movemento que resultará ser un ritmo percutido son algúns dos disparadores para achar a formulación improvisada dunha serie de cánticos. As frases son deglutidas, incorporadas e devoltas de maneira sintética e fragmentada a través da voz e certa xestualidade sincopada. As frases toman novas corporeidades despegadas do seu referente orixinal. O ritual consiste en repetir este acontecemento unha e outra vez, con outras frases que chaman a labrar melodías descoñecidas desde a suor e o esforzo. O obxectivo non é outro que tratar de vencer unha temporalidade e converter todo nun continuo. O contido performático da peza, bebe de maneira velada de tradicións vocais de diversas procedencias e segue na procura e incorporación de vínculos reais da festa ancestral en territorio mediterráneo.
Na súa investigación artística recente, Marc Vives (Barcelona, 1978) fíxase nas formas e protocolos das actividades de lecer, nos tempos que articulan a dicotomía entre rutina, vida regular e festa, lugar de excepción. As súas últimas propostas leváronlle a poñer o foco en enclaves concretos como a montaña de Montjuïc ou a Costa Brava que son visitados dede o mar, a través de exercicios nadatorios e de canto. Froito destas prácticas constrúe os seus traballos escénicos.
Na área da práctica artística, formou parte do dúo Bestué/Vives (2002-2012), cuxa obra está nas coleccións de MNCARS, MACBA, CGAC, entre outras, e que chegaron a exponer na 53 Bienal de Venecia. A título individual o seu traballo bascula entre as artes visuais e as artes en vivo, así como dende a docencia, presentando en espazos como Redcat, Los Ángeles, Rogaland Kunstsenter, Stavanger (Noruega); EACC, Castelló, Fundación Joan Miró, Barcelona, etHALL, Barcelona; Mercat de les Flors, Barcelona e Antic Teatre, Barcelona, entre outros.
Tamén iniciou diversos proxectos independentes (L´Estruch, Hamaca, YProductions, Por la Vena, Radiobucket) actualmente é socio fundador da cooperativa de artistas Tractora Koop. E e codirixe GRAF.cat. Dedícase á docencia e á práctica relacional a través de laboratorios como Escola Massana, ou CA2M.