Project Description
María Jerez
DOMINGO 19/05
18.00_CGAC
Blob
Performance
Duración: 45 min
Entrada libre ata completar aforo
Estrea en Galicia
Creación: María Jerez
Son: Albertijn & María Jerez
Coproducida por What Is Third, La Casa Encendida (Madrid),
Buda Kunstencentrum (Kortrijk), University of Zagreb-Student Centre Zagreb-Culture of Change & TD Theatre
Co apoio de TanzFabrik (Berlín)
Proxecto financiado por Apap – Performing Europe Project coa colaboración de «Creative Europe» – European Union Program “Culture 2007-2013”
Blob é unha performance en solitario que se enfronta a un enigma, o misterio de como o encontro de dous (ti e Blob) pode crear un terceiro, unha terceira cousa, unha terceira dimensión, algo, algo que non estaba aí antes, e que nin sequera estaba destinado a estalo; algo que xorde do propio encontro. E mentres xorde, transforma a ambos: a ti e a Blob… producindo así un cambio, un proceso de desidentificación, unha colisión co indefinido.
Blob é unha entidade, unha especie de célula mutante, algo que cambia constantemente. Nesa transformación constante, Blob propón a incapacidade de nomear o que se ve.
Blob foi creada dentro do proxecto WHAT IS THIRD de María Jerez.
O traballo de María Jerez (Madrid, 1978) sitúase “entre” a coreografía, o cine e as artes visuais. Máis alá do interese nas súas primeiras pezas polas convencións teatrais e cinematográficas e a comprensión implícita do espectador das mesmas, nos seus últimos traballos busca cuestionar esta relación abrindo espazos de potencialidade a través de encontros con aquelo que atopamos estraño e alleo, establecendo bordes difusos entre o coñecido e o descoñecido, o obxecto e o suxeito, o orgánico e o artificial, o animado e o inanimado. O seu traballo trata de escapar das lóxicas logocéntricas e antropocéntricas, onde o propio coñecemento humano se converte en algo vulnerable fronte a outros ecosistemas enigmáticos e complexos.
María Jerez combina a produción do seu traballo artístico con proxectos pedagóxicos, curatoriais e editoriais.