Project Description

Maria Ramos

María Ramos

XOVES 10 DE SETEMBRO – 18.00 H

Auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago

[voces] Deseño PerformativoPresentación do futuro pavillón-plataforma de Cenlitrosmetrocadrado
Charla sobre tipografía performativa coa deseñadora María Ramos

Conversa con Cenlitrosmetrocadrado,María Ramos e a concelleira de Acción Cultural Mercedes Rosón
Modera: David Barro

Tipografía performativa. O caso de Movement.

María Ramos introduciranos no mundo do deseño de tipografías e falará sobre como a tipografía Movement que creou xunto a Noel Pretorius está inspirada na danza e foi feita en colaboración co bailarín sudafricano Andile Vellem.

Inspirados polo traballo pioneiro do coreógrafo / teórico da danza Rudolf Laban, decidiron compartir a súa comprensión do movemento de Laban como a “intención interna” do bailarín e levar isto ao mundo da tipografía.

O seguimento dos movementos de Andile Vellem dende varios ángulos permitiulles trazar os camiños que percorreu o seu corpo mentres recitaba o alfabeto a través da danza, convertendo os seus movementos en puntos de referencia clave para traballar o peso, o espazo e o tempo. O tipo de letra pasou a representar o movemento directo con trazos rectos e o movemento indirecto con formas curvas flexibles.

María Ramos. Tras licenciarse en Publicidade pola Universidade de Vigo obtivo o seu máster en Deseño de tipografías na Universidade de Reading (Inglaterra), un dos centros punteiros no ensino desta especialidade do deseño. María traballa agora na súa propia marca, NM type, creada xunto a Noel Pretorius. A súa tipografía Kinetic foi merecedora dun Certificado de Excelencia Tipográfica concedido polo Type Directors Club de Nova York. Entre os seus clientes atópanse firmas como Jägermeister.

MESA REDONDA: O potencial do deseño, da arquitectura e da cidade como elementos performativos. Con: David Barro, María Ramos, os deseñadores de Cenlitrosmetrocadrado (Xavier Rilo e Ricardo Tubío) e Mercedes Rosón.