Project Description
María Roja
Xoves 17 de setembro – 18 H – 19 H
Fundación DIDAC
Performance María Roja
María Roja (Lugo, 1982) é artista visual e performer. A súa obra xira en torno ao corpo como contedor do íntimo á vez que arquitectura social e política, cun marcado interese nos seus procesos de apropiación, incorporación e transmisión do coñecemento inmaterial, así como na súa potencia como elemento subversivo e de resistencia.
María Roja vén traballando pezas en solitario ou en colaboración con artistas como Miguel Vidal, Fran Martínez, Chiu Longina, Berio Molina, Quimera Rosa, Alba Blanco, Ana Gesto, Carlos Tejo, Adriana Pazos Ottón, Begoña Cuquejo, Juanma LoDo, asformigas ou Cecilia Perea. É cofundadora do fato bicéfalo Ohn e dos colectivos áIntemperie e Blanco&Roja, proxectos situados no campo da arte de acción. Forma parte do corpo colectivo transfronteirizo Límites.
O seu traballo amosouse en diferentes exposicións e festivais organizados en galerías, museos, teatros e espazos alternativos de Galicia, España, Portugal, Grecia, Taiwan, Uruguai, Colombia, Chile, Brasil, Honduras, México, Ecuador, Santo Domingo, Arxentina, Cuba, Bosnia e Herzegovina, Irán, Países Baixos ou Perú.