Project Description

Fotos Manuel G. Vicente

Mariana Tengner Barros+ Jonny Kadaver + Mee K

XOVES 27 DE MAIO

18.30_Fundación DIDAC

A floresta invisíbel
Performance

Fun invitada por Plataforma, festival de artes perfomativas, a facer unha performance na instalación Línea rota de horizonte de Carlos Garaicoa e por harmoniosa sincronía, a súa instalación trata o tema no que ando traballando durante os últimos anos: as árbores e a forma en que son (mal) tratadas de xeito xeral polo ser humano. Por este motivo, decidín traer un pouco da Floresta Invisível, proxecto que naceu en 2020, no ámbito do proceso da miña Peça do Coração: EXCALIBUR en colaboración co artista gráfico Mark Angelo e o equipo de A Bela Associação. Unha peza de cruzamentos disciplinares que é creada a partir da vontade de poñer en valor a Natureza, con especial atención ás árbores e á importancia que estas teñen no equilibrio dos ecosistemas.

A partir do mapeado das árbores máis antigas que existen nas cidades, desenvolvemos accións simbólicas resultantes do diálogo coa comunidade local, pequenas performances e gravacións de vídeo, creando un espazo de performance autónomo, temporal e móbil que invita ao público a abrir os sentidos, na busca de conferir visibilidade ao invisible, son ao silencio e forma ao descoñecido.

Preténdense crear conexións, compartir saberes, e concienciar ás persoas a través da arte, para a protección do bosque, que pode comezar cunha árbore na porta da casa…

Do mesmo xeito que as escasas árbores que vemos engaioladas no cemento dos paseos das cidades, a conexión entre as persoas degradouse e foi branco da poda asasina. Somos levados a crer que vivimos na época da hiper-conexión, que temos acceso á tecnoloxías que nos unen a velocidades nunca antes experimentadas, pero, na vida “real”, estamos cada vez máis illados, controlados e enganados.

O bosque é o exemplo por excelencia da comunidade, interdependencia e cooperación entre todos os seus seres. Así, os bosques do mundo están sendo decimados polo mecanicismo do capitalismo técnico galopante. A vida comeza cunha árbore…

É necesaria unha concienciación máis activa, con propostas continuas e sostidas, que se distingan de concrecións illadas para cumprir estatísticas e regulamentos gobernamentais de boas prácticas. Por que se perdeu a conexión?

A Floresta Invisível ven a Plataforma cun equipo de tres elementos que misturan entre si a esencia das bruxas e dos ninjas e que irán abrir e revelar espazos de conciencia en diálogo coa instalación Línea rota de horizonte e nalgúns lugares da cidade.

CV

Mariana Tengner Barros (coreógrafa, bailarina, performer e Directora artística)

Coreógrafa, bailarina e performer. O seu traballo foi presentado en diversos países en Europa e América do Sur, destacando The Trap (2011, gañador do Premio do Público Jardin D´Europe-Áustria), A Power Ballad (2013) e Resurrection (2017) co-creacións co coreógrafo Mark Tompkins e Instructions for the gods: i4gods (2017), unha performance continua de cinco horas para museos en colaboración co músico Pan.demi.CK. Colaborou con varios artistas en diferentes proxectos como bailarina, actriz e performer destacando Francisco Camacho, Meg Stuart, John Romão, Ballet Contemporâneo do Norte, Diana Bastos Niepce, Elizabete Francisca, Nuno Miguel, António Mv, Jonny Kadaver, Agnieszka Dmochowska, Raquel Castro, Retina Dance Company e Rafael Álvarez.

Licenciada en danza pola Northern School of Contemporary Dance en Leeds, Reino Unido (2003). Estivo como residente no Ballet Theatre Múnic, baixo a dirección artística de Philip Taylor (2004). Membro fundadora do colectivo artístico The Resistance Movement en Leeds (2005), completou o Programa de Estudo e Criação Coreográfica-PEPCC no Fórum Dança en Lisboa (2009). Foi artista asociada da EIRA entre 2013 e 2016. É directora artística d’A BELA Associação. Integra a banda Kundalini XS e o proxecto musical performativo Digital Pimp Hard at Work, ambos editados por Gruta.

Jonny Kadaver (músico, compositor, performer, Director Musical)

Músico e compositor. Compón o seu primeiro orixinal e toca ao vivo por primeira vez aos doce anos, tendo construído dende entón unha carreira na música alternativa, abarcando dende o metal ao punk, do hip-hop ao techno. Entre 1997 e 2000 traballou como asistente e produtor no estudo de son Margem Sul, en Almada. Entre 2002 e 2008 viviu en Londres, onde desenvolveu algúns dos seus proxectos e colaborou con músicos e produtores da escena internacional. Das súas bandas destaca Act of Anger, Hattemachin*, Techno Widow, Them Strange Sick Blues e JK666. Dende 2013 colabora con Mariana Tengner Barros facendo a sonoplastia e compoñendo para danza e performance. É membro d’A Bela Associação e axuda a dirixir as actividades d’A Casa do Burrikórnio en Cacilhas. Pertence ao colectivo e discográfica Gruta cos proxectos Digital Pimp Hard at Work, Kundalini XS, Pan.demi.CK entre outras participacións como produtor e músico dentro da editora. Foi membro fundador das discográficas Picturesk dekaDANCE, Wonky Donky Sound e CusCus Discus.

Mee_K (músico, DJ, compositor, performer, Director Técnico)

Miguel Freire, cuxo nome de guerra é DJ Mee_K, toca para o público dende 1997. Influenciado polas batidas quebradas e liñas de baixo quentes de Drum n ‘Bass, Jungle, Hip-Hop e Trip-Hop, asúmese como un dos pioneiros do movemento Drum n’ Bass portugués. Quen o escoita deixa-se levar polo poder perturbador do seu son, levando o público ao vermello, onde do vinilo xorden arranxos espiñosos cheos de groove e personalidade. Actuou con algún dos maiores nomes do Drum n’ Bass a nivel mundial, e participou en proxectos con recoñecidos músicos portugueses, entre eles: Congo Natty, Coldcut (UK), Aphrodite (UK), DJ Hype (UK), Mr. Scruff (UK), DJ Food (UK), Mixmaster Morris (UK), Baron (UK), Bad Company (UK), DJ Fresh (UK), Moving Fusion (UK), Keaton (UK), Loxy & Ink (UK), Adam F (UK), Spectrasoul (UK). Lanzou temas orixinais e remisturas polas discográficas e bandas NZ produções, Gruta, CusCus Discus e Kumpania Algazarra.

Está formado en Produção e Pós-Produção Audio-Video/ TV na ETIC, Lisboa, en Poda de Árvores de Fruto pola Biovila, en Agricultura Sustentável na Training House e en Agricultura Sintrópica no Projecto Dispersor. Foi técnico de son residente no Arte & Manha e na Fábrica Braço de Prata, Lisboa e técnico responsable do sistema de son dos proxectos Toma Lá Festa e dos Simply Rockers Sound System. Foi membro fundador da Breakfast Army, Agência e Intercâmbio de Artistas.