Project Description

Contemplación

VENRES 10 DE XUÑO_18.30

SÁBADO 11 DE XUÑO_18.00

CGAC. Salas de exposicións
Performance
Marta Pazos
Con Lola Robles e Miguel Escabias e sonoplastia de Hugo Torres

Contemplación é o título da instalación coa que Marta Pazos forma parte da exposición El museo como escenario no CGAC. Con ela lévanos a un elemento primordial da creación. Unha luz verde lima similar á dos fogos fatuos que expiran dos corpos como último hálito de vida. As baleas son os únicos animais que gardan e custodian os rexistros akáshicos. Cos seus cantos e vibracións fían e ancoran información  luminosa máis aló do plano sensorial. As baleas traballan activamente na curación dos océanos; as súas enerxías, purifican as memorias almacenadas na auga. As baleas azuis están a chegar ás nosas costas nos últimos anos; crese que guiadas pola súa memoria. En Contemplación Marta Pazos propón unha peza específica para o Dobre Espazo capaz de proporcionar ao visitante unha experiencia inmersiva no museo.

A instalación será activada de maneira escénica baixo a dirección artística de Marta Pazos e a sonoplastia de Hugo Torres. Lola e Miguel, dous performers cegos casados dende fai máis de trinta anos, relacionaranse entre si inspirándose no I Ching, o libro oracular chino que data do 1200 a.c

Marta Pazos (Pontevedra, 1976) é unha das creadoras máis efervescentes da vangarda escénica na actualidade. É directora de escena, dramaturga, escenógrafa, vestuarista e intérprete. O traballo de Pazos destaca pola súa dimensión plástica e a súa emancipación estética máis alá dun teatro realista. As súas montaxes teñen unha forte carga de beleza e un impacto visual que permanece na retina dos espectadores durante longo tempo. Coma directora artística de Voadora desenvolveu xunto á compañía unha linguaxe propia baseado na plástica, a música, a hibridación de disciplinas e a investigación escénica constante. Licenciada en Belas Artes pola Universidad de Barcelona, na especialidade de pintura, completa a súa formación en Italia laureándose na Scuola Cònia de la Societas Rafaello Sanzio, dirixida por Claudia Castellucci. Desde o ano 2000 dirixe teatro e ópera para entidades como o Centro Dramático Nacional, Teatro Real, Teatro Español, Teatro Lliure, Teatro de la Abadía, Centro Dramático Galego o MA Scène Nationale de Francia. Recibiu o Premio de Honor ó mérito nas artes escénicas da MIT Ribadavia, o Premio de Honor ‘Dorotea Bárcenas’ 2018 e catro Premios de Teatro María Casares como directora de escena e escenógrafa.