Project Description

Fotos Manuel G. Vicente

Marta Verde + DJ Mil. Anacos

SÁBADO 5 DE XUÑO

23.00_Praza de San Martiño Pinario
Marta Verde + DJ Mil
Anacos
Espectáculo audiovisual

Anacos é unha performance onde a música e a imaxe se conxugan na súa forma máis libre e crúa e está especificamente deseñada para Plataforma, polos artistas galegos Dj Mil e Marta Verde, que colaboran por primeira vez unindo as súas disciplinas nunha actuación única. Igual que no sampling, neste espectáculo, vanse sumando capas formadas por ritmos, xéneros, imaxes e texturas para xerar unha experiencia irrepetible baseada na experimentación, a improvisación e a combinación de diferentes insertos de imaxe e son en tempo real.