Project Description
Mery Pais
Luns 05/06/2023
19.00_Praza da Quintana
Lei Eterna
Performance
Duración: 30 min
Entrada libre
Lei Eterna é o título dunha acción no medio urbano, unha intervención sonora e colaborativa.
Lei Eterna trata sobre a relixión, a relixiosidade e as crenzas de iguais e de contrarios. Con esta peza preténdese unificar e separar opinións nun acto artístico. Entrelazar culturas, por medio das chamadas ás súas oracións, transcender a realidade mediante un achegamento.
A acción terá lugar na Praza da Quintana invadindo este espazo sagrado, único e propio, converténdoo nun espazo compartido, por medio do audio e a participación activa de performers e buscando simular un templo multicultural e interrelixioso.
Mery Pais é graduada en Belas Artes polo Institut National des Beaux Arts de Tetouan, Université Abdelmalek Essaâdi Marruecos, Máster en Creación e Investigación en Arte Contemporánea pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, UVigo. Participou en diferentes exposicións, tanto individuais como colectivas, en España e no estranxeiro. O seu traballo parte da súa experiencia vital analizando a “imaxe do outro”, a visión entre individuos de culturas diferentes, utilizando distintos recursos para cuestionar e reflexionar sobre os estereotipos de forma gráfica. No seu traballo a arte é utilizada como estratexia para fomentar unha nova experiencia de achegamento entre individuos. A súa obra foi merecedora de premios tales como o Primeiro Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas e foi becada en diferentes residencias artísticas tales como o “III Encontro de Artistas Novos” Cidade da Cultura ou o Proxecto “Wom@rts” (Women Equal Share Presence in the Arts and Creative Industries). Durante varios anos dedicou o seu tempo a deseñar e impartir talleres creativos, na Rede Museística de Lugo, no Museo Thyssen Bornemisza e no Instituto Cervantes de Tánger e Tetúan (Marruecos) ademais da Fundación Premio Convivencia de Ceuta.